Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra recibiu a un grupo da parroquia de San Xorxe de Madrid que iniciaba a súa peregrinación dende o recinto amurallado de Salvaterra ata Santiago de Compostela.
Un total de cen rapaces e rapazas que iniciaron o Camiño Taverneiro e que cruzaron o Miño ata a zona de Monçao e despois voltaron para dirixirse a Ponteareas.
Por diante teñen sete días nos que tamén pasarán por Pazos de Borbén, Pontecaldelas, Cotobade, Codeseda, Souto de Vea e rematarán en Santiago.
O Camiño Taverneiro que deu os seus primeiros pasos como Vía Cultural da man dos concellos por onde transcorre e a Deputación de Pontevedra busca divulgar e amosar ás persoas que o realicen o gran atractivo do interior da provincia.