15 aniversario da Declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

É un dos 12 BICs nos que a Xunta de Galicia está a investir fondos europeos Next Generation

A Coruña | O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo en valor a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade hai hoxe 15 anos durante o acto conmemorativo da efeméride, celebrado na contorna do Faro.

Miguel Corgos destacou que os bens e lugares que ostentan esta distinción contribúen a facer Galicia aínda máis atractiva como destino turístico e ademais axudan á súa conservación e á súa dinamización. O proxecto de mellora e conservación do faro romano máis antigo do mundo e o único aínda en servizo e na súa contorna, é un dos 12 BICs nos que a Xunta de Galicia está a investir fondos europeos Next Generation coa intención de dinamizar estes bens e reforzar o seu atractivo turístico. Neste caso conta cunha achega de preto de 1M€.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.