O Porriño | A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada pola concelleira de Emprego, Soledad Girón, entregou, o pasado luns no Centro de Formación de Torneiros, os diplomas que acreditan os cursos rematados por 192 alumnas e alumnos de distintas idades, organizados polo centro formativo municipal no pasado cuatrimestre.
Os cursos, como salientou a alcaldesa, teñén como finalidade “facilitar a inserción laboral dos asistentes” e darán entrada ás novas iniciativas que porá en marcha o Goberno local e que se complementarán cos “planes de emprego que recollerán os orzamentos municipais para este ano”.
Un total de 19 alumnas e alumnas foron acreditados no curso de Informática Básica, cunha duración de 30 horas; 11 en Learn Manofacturing, logo de 32 horas lectivas; Solidworks e Draftsight, cunha duración de 15 horas e seguido por 11 persoas; ‘Construción de figuras en papel maché, máscaras e cabezudos’, de 90 horas para 11 alumnas e alumnos; ‘Cómo interpretar unha nómina e un contrato’, destinado a 31 persoas durante 15 horas formativas e ‘¿Son a persoa adecuada para este posto de traballo?’, para 9 alumnos durante 20 horas.
A formación se complementará con outros dous cursos de ‘Manipulador de Alimentos’, ‘Atención a Maiores’ e ‘Dobraxe e habilidades de Comunicación’, ata completar 435 horas de aprendizaxe, impartidas por 10 profesores, nas que o Concello fixo un investimento superior aos 19.500 €.