O Porriño | 250 escolares dos colexios de Porriño participaron no curso de Seguridade Vial que imparte cada ano a Policía Local cuia parte práctica vén de concluir en marzo. Interviron alumnas e alumnos de Sexto de Primaria dos cebtros educativos de Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga.
A actividade dividiuse en dúas partes. A teórica fora impartida en outubro a través de coloquios cos axentes para que os nenos coñeceran a educación vial. Os alumnos expoñían as súas dúbidas sobre situacions de seguridade e debatían cos axentes para clarexar as súas inquedanzas.
Despois na parte práctica, celebrada ó longo de marzo, os alumnos desenrolaron nun circuito preparado e con vehículos diversos axeitados ás súas idades, simulacions de tráfico para aplicar o aprendido nas clases teóricas.