Salvaterra de Miño | Máis de 200 nenas e nenos participaron no campus cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e preto de 80 nos cursos de natación dirixidos pola Asociación ADA. Chega o momento de despedir o mes de agosto e con el as actividades e programas de conciliación que ofertou o Concello de Salvaterra de Miño durante os meses do verán.
Este xoves 31 de agosto despedimos ós máis de 280 nenos e nenas que nos acompañaron no campus de conciliación e nos cursos de natación. Con hinchables de auga e xogos moi divertidos fixeron unha festa de despedida no campus e nos cursos de natación remataron coa tradicional entrega de diplomas, un recoñecemento ó obxetivo cumprido coa cor correspondente que lles outorga o nivel acadado.
O campus de verán organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra comezou o pasado 3 de xullo no CEIP Infante Felipe e súmase ós programas de conciliación para as familias. En total tivo catro quincenas nas que asistiron en total máis de 200 nenos e nenas e nas que tamén se incluía a aula madruga e comedor.
En canto ós cursos de natación, impartidos pola Asociación ADA na Piscina Municipal da Canuda, foron preto de 80 alumnos e alumnas que dividos en dúas quendas (unha en xullo e outra en agosto) melloraron as súas habilidades no medio acuático mentres desfrutaban de xogos.
As vacacións do verán supoñen para moitas familias unha gran dificultade para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza este tipo de actividades dentro do seu programa de conciliación.
Obradoiro sobre intelixencia emocional
O obradoiro, organizado polo Concello de Salvaterra de Miño e a ANPA Chan da Ponte do IES Salvaterra de Miño, terá lugar o 7 de setembro na Casa do Conde en horario de 09:15 a 14:00 h e está dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 15 e 21 anos.
“Músicas no ar” con Alberto Vilas
O sábado 9 de setembro ofrecerá un concerto de piano no que o músico contará coa colaboración da cantante Cristina Suárez. Cunha temática baseada na música popular galega Alberto Vilas presenta o seu novo traballo baixo o título “Once cancións e unha danza”.
O escenario que acollerá o evento será a Praza do Castelo de Salvaterra de Miño e terá lugar o sábado 9 de setembro ás 20:00h. Tal e como explicou o músico no concerto poderemos escoitar “temas moi populares como Rianxeira, Camariñas, A saia de Carolina… pero todos tratados dun xeito que nunca se tratou e mui fantaseados cunha ollada nova a música tradicional”.
Este traballo consta de 12 temas a piano que buscan dar vida a nosa música dun xeito reinventado e achegar o público máis xoven a música galega.
En Salvaterra de Miño tamén acompañará ó pianista a cantante Cristina Suárez que forma parte xunto a Alberto dun proxecto paralelo que presentarán o mesmo día neste concerto que se inclúe dentro do programa “Música no Ar” da Deputación de Pontevedra. A entrada é libre ata completar a capacidade.