O proxecto enmárcase no programa de actividades escolares complementarias organizado pola Concejalía de Educación
O Porriño | Coñecer de preto o río Louro, a calidade das súas augas, as especies animais que contén, a flora e a riqueza dos seus ecosistemas permitirá formar persoas máis concienciadas na defensa dos valores medioambientais e con este obxectivo a Concellalía de Educación do Concello de O Porriño, que dirixe Ana Martínez, puxo en marcha o proxecto Coñece o río Louro. A actividade daba comezo esta mesma mañá cun acto de presentación oficial ao que asistiron a concellala Teresa Veloso, representantes de todas as entidades colaboradoras (Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Proxecto Ríos, Ute Louro, Policía Local, Parque de Bombeiros, Monbús e A Torta, a quen desde o Concello agradecen o traballo adicado para esta actividade) e o primeiro grupo de alumnos, neste caso 25 estudantes do Colexio Santo Tomás de 3º E.S.O., curso ao que vai dirixida esta actividade e que albergará aproximadamente a uns 300 escolares de diferentes centros educativos de O Porriño.
A iniciativa, enmarcada no programa de actividades escolares complementarias, “trata de ser unha enriquecedora experiencia didáctica mediante a cal profesores e estudantes poidan coñecer máis detalladamente o proceso do tratamento das augas residuales co obxectivo de buscar no alumnado a sensibilización e concienciación co medio natural”, sinala o alcalde Nelson Santos.
O proxecto desenvólvese en dúas sesións, unha nas inmediaciones do río Louro e outra na EDAR de Guillarei. A primeira é na que puideron participar esta mañá os escolares do Colexio Santo Tomás que asistiron a unha parte teórica no aula do río (no albergue de peregrinos) na cal puideron visualizar a través de fotografías e vídeos o estado previo do río antes do seu saneamento, ademais de recibir as primeiras instrucións para a realización da inspección do río: a parte práctica da sesión, na cal recolleron mostras do auga e analizaron as especies alí presentes, aprendendo a identificar o ecosistema fluvial e a distinguir as especies autóctonas das invasoras.
Por outra banda, os escolares realizarán ademais unha visita guiada á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei para coñecer o proceso de saneamento das augas residuais, desde a súa entrada na estación ata a súa desembocadura no río, todo iso co obxectivo de que descubran a importancia do tratado das augas para o mantemento da calidade do medio natural.