As Neves | Trinta anos con historia, da que foron protagonistas todas e todos os nevenses. Ese é o centro e o motivo deste 2023, e por iso, este ano, a presentación da ‘Feira do Requeixo e do Mel’ das Neves, estivo dirixida a elas e eles. Cambiou, así, a tradicional convocatoria aos medios de comunicación para que os cidadáns foran os primeiros en coñecer a programación desta ’30ª edición’, e tamén os primeiros en probar, reunidos na Casa da Xuventude, os produtos que vanse servir os vindeiros día 7 e 8 de abril.
Xabier Fortes será o pregoeiro
Como apuntou Rocio Barreiro, haberá “importantes cambios” en relación coas celebracións e o programa dos anos pasados, así, o ‘showcooking’, que tradicionalmente organizábase, deixa paso ás “orixes do requeixo”, con degustacións e elaboración de pratos elaborados co mesmo.
Tamén ábrese unha ‘paréntese’, nos pregóns culinarios, que nos últimos anos tiñan como protagonistas a cociñeiros da sona de Pepe Solla, en 2017; Iván Domínguez, en 2019 ou Iñaki Bretal o pasado 2022, e o pregoeiro será, nesta ocasión, un comunicador, o xornalista Xabier Fortes.
Poesía, paixón, paisaxe e persoas
Estas son as catro verbas que definen o requeixo e o mel das Neves. O encargado de pronuncialas foi o presidente da Cooperativa Condado Paradanta, Alejandro Martínez, quen deu a benvida aos novos conversos aos excelentes produtos das Neves e tivo unha lembraza, emocionada, a “todas e todos os que nos precederon, que fixeron posible co seu legado que hoxe esteamos aquí”.
Martínez agradeceu que a nova normativa europea permita, dende hai so uns días, o Goberno galego recoñecese ao Requeixo das Neves como ‘Alimento Artesano de Galicia’, e asegurou que enlaza co eslogan Vive nas Neves, contribuindo a que, cada día, sexa máis atractivo vivir aquí.
“O Requeixo e o mel, xunto cos viños, nos levan polo mundo”
Pechou o acto o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, quen asegurou que “a feira do requeixo e do mel está no momento que lle corresponde”. Lembrou que pasaron 32 anos dende que comezara, ainda que só poidemos celebrar 30 edicións, a causa da pandemia, e felicitou que a feira se celebre o venres santo, “foi un acerto de quen pensouno e hai que
recoñecelo”.
Por último, o alcalde amosouse satisfeito porque a decisión de engadir un día máis a feira o sábado, e trasladarla á Praza Maior, “deulle máis espazo, máis dignidade, mellorou a súa estética e a proxección duns produtos que, como o viño nos levan polo mundo, e iso é vivir nas Neves”.
Actividades
As actividades deste ano, comezarán días antes da feira, concretamente, o domingo 2 de abril será a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, que rematará en Cerdeira onde haberá unha degustación de pratos elaborados con Requeixo amenizada pola da Banda de Música Popular de Rubiós. As prazas son limitadas e precísase inscrición previa.
O venres 7 abril marcará o comezo da feira co seguinte programa:
• 11:00 h. Apertura da Feira.
• 12:00 h. A Pontenova. Animación musical
• 12:30 h. Recepción na Casa do Concello.
• 13:00 h. Pregón a cargo do xornalista Xabier Fortes, presentador de La
noche en 24 horas de TVE.
• 15:30 h. Charanga Los Támega. Animación musical.
• 16:00 h. Taller infantil de elaboración de pratos con requeixo. Carpa
da praza do Concello.
• 17:00 h a 20:00 h. Obradoiros de Cultura Urbana na Casa da Xuventude.
• 18:00 h. Taller de elaboración de pratos con requeixo para persoas
adultas. Carpa da praza do Concello.
• 20:00 h. A Roda. Concerto na Praza Maior. Musigal
• 00:00 h. Música nova. Mel de meiga.
Os dous días da feira, estará habilitado un espazo infantil, na carta situada na Praza do Concello.
Sábado 8 abril
• 11:00 h. Apertura da Feira.
• 11:30 h. Cé orquestra pantasma. Animación musical.
• 12:00 h. Taller de elaboración de pratos con requeixo para persoas
adultas. Carpa da Praza do Concello.
• 13:30 h. Vermú musical na Praza Maior. Chavellos.
• 16:00 h. Taller infantil de elaboración de pratos con requeixo. Carpa
da Praza do Concello.
• 18:00 h. Caamaño e Ameixeiras. Concerto na Praza maior.
• 19:30 h. Clausura da Feira.