Mondariz | Un ano máis, Mondariz celebra o primeiro fin de semana de agosto a súa tradicional Feira de Oficios Artesáns. Este sábado, 6 de agosto, inaugurarase a 33ª edición cun programa que segue poñendo o foco na valoración dos artesáns e das artesás.
Tanto o sábado como o domingo haberá postos de venda de produtos artesáns e gastronómicos, así como mostra de oficios (cesteiros, telleiros, zapateiros, ourives, torneiros,…). Estas actividades complementaranse o sábado cun obradoiro participativo de olería, e o domingo cun obradoiro participativo de estampaxe manual textil.
A música tamén será protagonista durante a Feira de Oficios Artesáns. O sábado, a partir das 22:00 horas, está programado un concerto do grupo “Ailá”, que presentará a súa proposta creativa inspirada na música tradicional de transmisión oral. O domingo pola tarde, a partir das 19:30 horas, celebrarase a 32ª edición do Día da Muiñeira, coa Asociación Folclórica Castromao de Mondariz e o Grupo Folclórico Os Ventos de Comesaña (Vigo) como agrupación convidada. Previamente, haberá unha actuación das pandeireteiras da Asociación Folclórica Castromao de Mondariz ás 12:00 horas, e un concerto do grupo “TradiSon” ás 13:00 horas.
A Feira de Oficios Artesáns é un evento organizado pola asociación CEAR Castromao, que conta coa colaboración do Concello de Mondariz.
Compartimos o programa de actividades deseñado pola asociación CEAR Castromao de Mondariz.
PROGRAMA 33ª FEIRA DE OFICIOS ARTESÁNS DE MONDARIZ 2022
SÁBADO, DÍA 6 DE AGOSTO.
LUGAR.- PRAZA DE MONDARIZ
11.00H.- APERTURA DE POSTOS DE VENDA DE PRODUTOS ARTESÁNS E GASTRONÓMICOS E MOSTRA DE OFICIOS (CESTEIROS , TELLEIROS, ZAPATEIROS, OURIVES, TORNEIROS…)
11.00H – 14.00H.- OBRADOIRO PARTICIPATIVO CONTINUO DE OLERÍA. Impartido por Antón Román. Para nenos e maiores.
12.00H.- INAUGURACIÓN DA FEIRADOS OFICIOS ARTESÁNS .
14.00H – 18.00H- Peche temporal da Feira.
18.00H.- Reapertura de postos.
18.00H – 21.00H.- OBRADOIRO PARTICIPATIVO CONTINUO DE OLERÍA. Impartido por Antón Román. Para nenos e maiores.
19.00H.- CATA DE PRODUTOS. Presentación e degustación de productos gastronómicos e artesáns. Praza de Abastos de Mondariz (cabida para 60 persoas).
22.00H.- GRAN CONCERTO DE” AILÁ”. É unha proposta inspirada na música tradicional de transmisión oral có obxectivo de facer bailar e de sentir esa enerxía universal feita “de raíces e de ás” pero tamén é unha proposta semántica, un neoloxismo para nomear a esencia emocional do noso pobo presente “nos ecos da memoria de quen nos precedeu”.
“Ailá” mergúllanos no universo folk, ou TRADI como prefiren denominalo eles, cuns impecables arranxos desde as recollidas históricas do saber musical popular. Isto unido á peculiar formación composta por catro músicos, danlle un carácter único achegando unha nova sonoridad ao seu repertorio tradicional. Unha nova proposta que vén do Folk para converterse en TRADI.
DOMINGO, DÍA 1 DE AGOSTO.
LUGAR.- PRAZA DE MONDARIZ
10.00H.- APERTURA DE POSTOS ARTESÁNS DE VENDA E DEMOSTRACIÓNS.
11.00H – 14.30H.- OBRADOIRO PARTICIPATIVO DE ESTAMPAXE MANUAL TÉXTIL, Impartido por Xiana Cobo. Usando a técnica de estampaxe por bloques, experimentamos unha das técnicas máis antigas de decoración de tecidos. Haberá selos de moitas formas e cores para que cada persoa elixa como estampar un pano de 45*45cm de algodón. E se alguén quere traer o seu retal, camiseta, bolsa ou peza para customizar será benvida! Para nenos e maiores.
11.00H – 14.30H.- OBRADOIRO CONTINUO PARTICIPATIVO DE OLARÍA. Impartido por Antón Román.para nenos e maiores.
12.00H.- ACTUACIÓN DAS PANDEIRETEIRAS DA ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA CASTROMAO DE MONDARIZ.
13.00 H.- SESIÓN VERMÚ: GRAN CONCERTO DO GRUPO MUSICAL “TRADISON”. TradiSón nace no verán do 2012 baixo a guía de Xurxo Terrible coa idea de facer diferentes proxectos a prol da nosa cultura, principalmente pensando máis na participación e difusión para xente nova. No verán do 2014 botamos a andar un segundo proxecto de “música contemporánea”. Contemporánea porque son todo composicións actuais, propias, coa intención de aportar á nosa cultura o noso xeito herdado de entender a música. A única finalidade deste proxecto é que toquedes, cantedes e gocedes da nosa música, compartíndoa, facendo que “TradiSón” sexamos todas e todos! Deste xeito, o noso patrimonio sonoro perdurará vivo un anaquiño máis nas nosas vidas.
14.30H – 18.00H.- Peche temporal da Feira.
18.00H.- Reapertura de postos.
18.00H – 21.30H.- OBRADOIRO PARTICIPATIVO DE ESTAMPAXE MANUAL TÉXTIL, Impartido por Xiana Cobo. Usando a técnica de estampaxe por bloques, experimentamos unha das técnicas máis antigas de decoración de tecidos. Haberá selos de moitas formas e cores para que cada persoa elixa como estampar un pano de 45*45cm de algodón. E se alguén quere traer o seu retal, camiseta, bolsa ou peza para customizar será benvida! Para nenos e maiores.
19.30H.- 32ª EDICIÓN DO DÍA DA MUIÑEIRA A CARGO DA ASOCIACIÓN FOLCLÓRICA CASTROMAO DE MONDARIZ. Grupo convidado: Grupo Folclórico Os Ventos de Comesaña (Vigo).
21.30H.- CLAUSURA DA FEIRA.