Arbo | En virtude do acordo adoptado no pleno da Corporación de data 26 de setembro de 2024 o Concello de Arbo organizará un acto público para todos os veciños e veciñas de Arbo, donde se colocará unha placa conmemorativa na Praza da Feira en recoñecemento a labor desenvolvida durante 50 anos .
A parroquia de Sela, en Arbo, celebra dende hai 50 anos a colleita dos produtos da terra, cunha festa emblemática na que, ademais da gastronomía, se pode ver o xa tradicional e masivo desfile de tractores que traballaron os campos nos últimos meses.
A Festa da Colleita é unha vella tradición que se ven celebrando dende a década dos anos 70. Segundo os máis vellos da parroquia a Festa da Colleita comezou no ano 1972, cando os veciños e veciñas de Sela, adornaban os seus carros para acompañar a Santa Isabel e San Martiño na procesión dos actos relixiosos pola rúas da parroquia de Sela e brindaban os produtos recollido no outono como eran o millo, froita, tomates, pementos, patacas, viño, cabazas …………..
Non están tan lonxe aqueles tempos nos que os nosos pais e avós traballaban no campo de xeito manual e coa axuda, no mellor dos casos, de animais tan valiosos como as mulas ou os bois. Este evento xurdiu para festexar que a terra volveu dar os seus froitos, que o traballo e o esforzo levado a cabo durante meses polos campesiños para producir alimentos rematou-informa o alcalde do Concello Horacio Gil, na súa proposta.
A singularidade, arraigo e tradición da Festa da Colleira, vese en todos os detalles, o decorado da Praza donde ten lugar a cerimonia, a procesión e ofrenda dos produtos durante o acto relixioso, o viño novo ofrecido polos organizadores durante toda a xornada, o poteiro facendo a augardente, o concurso de postres caseiros e o desfile de tractores, donde os lugareños adornan os seus tractores cos froitos colleitados, facendo un percorrido pola parroquia. Con orgullo locen os selenses os seus adornados tractores, sentíndose orgullosos do resultado do traballo realizado, vendo como os visitantes felicitan o coidado, cariño e dedicación que mostran nas súas obras de arte.
Neste evento lexendario, non podía falta o augardenteiro. A augardente foi unha fonte de ingresos para os agricultores, que durante os meses de outubro e novembro destilaban o bagazo de veciños e familiares.
A Festa da Colleita, rende cada ano unha merecida homenaxe ao esforzo investido polos viticultores, agricultores, adegueiros, augardenteiros, e a todos os veciños e veciñas de Sela, que manteñen viva as tradicións e premia o esforzo, a veciñanza e a amizade, donde todos e todas traballan xuntos para amosar que Sela e unha parroquia singular e única, o igual que a súa Festa, non existindo outra similar, en toda a comarca da Paradanta e Comarca dos arredores, manifesta o alcalde Horacio Gil.
O plenario municipal aprobou a proposta para felicitación aos promotores, organizadores e colaboradores da Festa da Colleita e recoñecer o traballo realizado polos veciños e veciñas de Sela por ser capaces de manter vivas as tradicións da Vila de Arbo.