Salvaterra de Miño | A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño continúa incrementando o número de usuarios e usuarias que acuden ata as intalacións durante o último mes.
Durante outubro en total foron 719 as persoas que se achegaron para estudar, utilizar os servizos da biblioteca ou ben consultar ou pedir en préstamo libros do catálago.
De media por día foron 28 os usuarios que acudiron ó espazo, unha cifra que reflexa o éxito do horario, servizos e instalacións para adultos, estudantes e nenas e nenos.
Deste xeito, o Concello de Salvaterra de Miño segue apostando por un novo espazo adaptado ás necesidades dos estudantes que dispón de ordenadores, enciclopedias e libros que serven de consulta e aprendizaxe para calquera que o precise e que ademais conta cunha sala infantil con libros e xogos e un espazo polivalente para presentacións de traballos, obradoiros e reunións informativas.