O Porriño | A Concellería de Deportes, que dirixe Manuel Carrera, acometerá, con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2017, da Deputación de Pontevedra, a mellora do campo de fútbol de Atios, no que adestran e xogan 250 deportistas, dende rapaces ata os integrantes dos equipos de maiores dos Clube de Fútbol Carballo.
Manuel Carrera subliña que hai partes do campo que están xa sen herba o que teñen menos dun centímetro dela, o cal “é coma xoga directamente sobre asfalto” o cal causa lesións a todos aqueles que o utilizan.
O concelleiro lembra que esta obra é “un compromiso firme”, non so do seu departamento, senón, unha promesa persoal que abrangue, ademais, as obras nos vestiarios situados debaixo da grada, “obras que xa están contratadas”, e o acondicionamento exterior do campo.
O novo céspede que se colocará no recinto para substituír ao actual, que fora colocado en 2008, estará homologado coma “FIFA Quality Pro”, o que garante a mellor calidade posible en este tipo de céspedes.
O presidente da Unión Deportiva Atios, José Cerbreiro, que mantivo unha xuntanza con Carrera, agradeceu o interese e o apoio no so do Concello, senón, “particularmente de Manuel Carrera” que, salientou, asumiu un compromiso longamente agardado por todas e todos os deportistas que empregan a diario este campo.
A intención do Goberno local é que as obras empecen a finais da tempada actual, “no verán”, nos meses de xullo ou agosto, de xeito que o campo poida estar listo e a dispor de todos os equipos para o inicio da seguinte campaña.