Gondomar | A partir do vindeiro domingo 9 de abril o Auditorio Municipal Lois Tobío acollerá a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia. Organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns co apoio do Concello de Gondomar.
“Cabaret tres” será a obra que abrirá esta parte da mostra organizada polo IEM, a cargo de Pritis-guomis, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.
O programa continuará o domingo 23 de abril con “A tía lambida” a cargo de A Moura, a partir das 19:00h. no Auditorio Municipal Lois Tobío.
Para finalizar a Mostra, o grupo de O mellor de cada casa, sairá a escena o domingo 7 de maio con “A illa deserta” ás 19:00h, no Auditorio Municipal Lois Tobío.