Na conferencia “O mar, ponte entre culturas”, que ofreceu a xornalista Mercedes de Luis na Casa de Galicia realizou unha revisión das relacións históricas dos viquingos con Galicia
Madrid | A xornalista Mercedes de Luis Andrés lembrou hoxe na Casa de Galicia en Madrid, as relacións históricas dos antigos viquingos con Galicia e o seu pouso social nas terras galaicas e danesas ata o presente na conferencia “O mar, ponte entre culturas”, na que presentou o mar como un elo entre as culturas e revisou o estereotipo de que eses visitantes “chegaron e fóronse rapidamente, causando danos.” “Así funciona a maquinaria da historia, cando un personaxe é irritante é rotulado negativamente porén, noutro punto da Terra, o mesmo personaxe é visto como un benfeitor”, reflexionou para situar os feitos.
A xornalista, interesada na historia danesa e no ciclo do viaxes dos viquingos no norte de España e en Galicia en particular, foi acompañada polo Coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que salientou que “é unha namorada das viaxes e das relacións entre os pobos. ”
Do man de De Luis, o auditorio da Casa de Galicia revisou o episodio da historia galega que tivo lugar no século IX no territorio que hoxe chamamos de Catoria, próxima de Vilagarcía e Pontevedra, onde os enfrontamentos tiveron lugar entre invasores normandos e veciños de Catoira. Lembrou as chamadas Torres do Oeste, fortificación da que so quedan pequenos restos en Catoira, pero durante séculos e ata os Reis Católicos era un símbolo de resistencia ao invasor que viña polo mar, o que fixo a Catoira pasar á historia como “chave e selo de Galicia “. Máis tarde uniuse a un valor relixioso para a construción dunha basílica en honra de Santiago.
Dous séculos despois das batallas na Ría de Arousa, explicou, os normandos voltan de novo a Galicia, pero como peregrinos xa que, no que é hoxe a Dinamarca, hoube unha transformación ao cristianismo e nas súas crónicas ficaba a memoria dun lugar chamado Santiago, cos tesouros da cristiandade, viñeron tanto por terra e como por mar. De Luis dixo que o que hoxe chamamos de Camiño Inglés toma a ruta dos peregrinos normandos e que eran orixinalmente rotas comerciais às que se foron sumando.
Finalmente, a conferenciante ofreceu unha visión xeral de Dimanarca desde a súa época guerreira até a era actual de “abandeirada do deseño” e referiuse à “pegada da herdanza española” no país en igrexas e rúas dedicadas a Santiago, que viven con outras rúas na honra dos deuses de viquingos Thor e Odín.
Tamén proporcionou enderezos de empresas en Internet, para aqueles interesados en tales relacións, especialmente na área medioambiental, e propuxo rotas turísticas de verán, que ligaban a romaría de Catoira, realizada por unha semana, co seu grande día no primeiro domingo de agosto, con lugares en Dinamarca relacionados co paso dos viquingos por Galicia.
Tamén proporcionou os enderezos de dous blogs para que os interesados no tema poidan ampliar o contido da conferencia: o do escritor especializado en temas viquingos Manuel Velasco, eldrakkar.blogsport.com.es, e a súa propia, spadansk.wordpress.com así como os sitios das cidades de Catoira (www.catoria.es) e da cidade danesa de Roskilde (www.vikingeskibsmuseet.dk).