Declarada de Interese Turístico, A Guarda celebrará a súa centenaria Festas do Monte do 5 ao 16 de agosto, coa tradicional subida ao Monte de Santa Trega por parte das bandas musicais. Falamos co Alcalde Roberto Carrero sobre a actualidade dese municipio.
Festas do Monte da Guarda, un evento centenario declarado de Interese Turístico. Que novidades ten a programación 2024?
Recuperase a carreira ciclista, que levaba anos sen facerse. Quero salientar que o Concello colabora coa Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Alameda, entidade encargada de organizar estas festas.
A Guarda está apostando pola oferta gastronómica e turística, tal como vimos coa recente Festa da Langosta. Existen perspectivas de ampliar esta oferta cara outros ámbitos como a cultura ou o patrimonio?
Este ano plantexámonos optar polo turismo para crear destino e, a partir de alí, mais actividades. Temos unha axenda moi completa de actividades culturais durante este ano e para o 2025 agardamos amplialas e melloralas.
“En 2023 recolleron a Compostela pasando pola Guarda unhas 52.000 persoas. Os datos ata o mes de abril foron exactamente de 24.000 persoas”
Camiño Portugués pola Guarda. Como son as expectativas de afluencia de peregrinos para este ano?
Os datos de 2023 das persoas que recolleron a Compostela pasando pola Guarda foron de 52.000 persoas. Os datos ata o mes de abril foron exactamente de 24.000 persoas, cifras importantes pero que probablemente non reflictan o número de persoas transeúntes, tanto as que residen como as que pasan pola Guarda. Os datos son expresamente dos que van a recoller a certificación.
Vén de cumprir o seu primeiro ano ao fronte do goberno municipal. Que balance pode ofrecer?
Un balance positivo. Primeiro no senso de aclimatarse á nova situación. Segundo, tal e como comentamos, de optar basicamente este ano polo turismo; e a partir do ano que vén poder desenvolver tódolos proxectos cos que concorremos ás eleccións municipais e polos que a cidadanía guardesa deunos o seu voto de confianza.
“Un balance positivo no mei primeiro ano de goberno”
Hai algún proxecto estrela?
Todos os que plantexamos. O Centro Integral de Saúde, a carreteira de circunvalación a Camposancos e buscar financiamento para tentar conquerir a Saída Sur do Porto.
Precisamente a oposición (PSOE) denunciou a paralización do proxecto da Saída Sur do Porto da Guarda. Que pode comentar con respecto a este proxecto?
Despois de 16 anos que estiveron no goberno municipal non fixeron absolutamente nada. En segundo lugar, o proxecto é do ano 2021, tiveron dous anos mais para facelo e non o fixeron. Creo que é facer demagoxia con este tema. O PSOE non é capaz de asumir que xa non está gobernando e non vai a indicarlle ao actual goberno o que ten que facer e cal é a senda que debe trazar.
Entendemos que hai sintonía absoluta dentro do goberno municipal.
Si, efectivamente.
OR.PA.GU celebrou o pasado 19 de xullo a X Xornada Internacional sobre a Pesca de Grandes Migradores. Confírmase así que A Guarda é un centro estratéxico da pesca palangreira?
Iso é así dende fai varios anos. OR.PA.GU non deixa de ser referente en España e a UE. Comprende barcos españois e portugueses cunha pesca sostible e de futuro, a pesares das moitas trabas que as diferentes administracións lle están poñendo á pesca, principalmente dende Europa.
Vai avanzando a Eurocidade da Foz do Miño?
Estamos avanzando na súa ratificación por parte das autoridades españolas e portuguesas e no trámite administrativo; agardamos telo todo listo para finais deste ano.