O Alcalde da Cañiza será tamén deputado no Congreso

Compatibilizará esas dúas responsabilidades a partir deste 11 de febreiro

A Cañiza | O Alcalde da Cañiza, Luis Piña, converterase en novo deputado no Congreso pola provincia de Pontevedra, trala renuncia ao escano presentada pola tamén rexedora de Silleda, Paula Fernández. A mandataria socialista da comarca do Deza xa pasara a ocupar a praza na Cámara Baixa na que cesara David Regades para volver dirixir a Zona Franca de Vigo.

Piña, quinto na candidatura socialista pontevedresa nas últimas eleccións xerais, tomará posesión como deputado este 11 de febreiro. Transmitiu o seu agradecemento ao PSOE e á cidadanía por poder volver ao Congreso, no que xa estivo no segundo mandato de José Luis Rodríguez Zapatero.

“Coñezo ben a mecánica de funcionamento e sei que podo compatibilizalo coas obrigas da alcaldía e, ademais, estou determinado a aproveitar esta oportunidade a prol dá veciñanza”, dixo.

Nova sinaléctica na Vía Mariana
Así o destacou o Alcalde esta tarde, tras visitar o lugar acompañado da Presidenta da Asociación da Vía Mariana, María José Silva e o Secretario e Concelleiro Miguel Anxo Antón e da Teniente de Alcalde María José Rodríguez.

Luis Piña explicou que continuando na liña de colaboración entre o Concello e a Asociación da Vía Mariana “sufragamos o coste deste panel informativo que anuncia o fin da etapa 6 e o inicio da etapa 7 en Parada, cun investimento de 327,55€ e que se suma á sinaléctica da etapa 7 que percorre a ruta polo Santuario da Franqueira, con outros 408,39€ de coste”.

O panel, diseñado pola Asociación co visto e prace do Concello, informa da chegada ao Feirón, fin da etapa 6 e comezo da 7, e sitúanos fronte ao pazo do Cervellón, onde durante séculos os Sarmiento e os Sotomayor impuseron as súas leis e impostos, exercendo a tiranía propia dos peores momentos do feudalismo ( documentado en Pleitos desde 1515). Desde tempos inmemoriais este foi lugar de mercado semanal e no século XX aquí construiuse a escola. Parada de Achas acolle antigos pazos e casas señoriais ademáis de arquitectura indiana.

Pero o máis impresionante é a súa paisaxe e os 4 ecosistemas diferentes do PRG165. Este sendeiro recupera camiños esquencidos, recreándose nas fragas dos tres ríos (Calvo, Oulo e Deva), un sobreiral e a serra e incorpora os medievais Camiño Real polo sur e Camiño da Raíña Urraca polo este, creando diferentes circulares en 33 km.

E nesta contorna dase paso á Vía Mariana que chega desde Portugal. Desde O Feirón comeza a etapa 7 pasando pola Igrexa Parroquial de Santiago de Parada ata o Santuario da Franqueira, nunha ascensión ata os 940 m. do Coto da Vella ( lugar onde apareceu a Imaxe da Virxe da Franqueira), en plena serra de A Paradanta e coas vistas hacia A Peneda e incluso ás illas Cies de Vigo.

A Vía Mariana: un proxecto de alto valor turístico, cultural, relixioso, económico e social, conseguido grazas ás sinerxias, talento e vontades de moitas personas que apostaron por esta nova vía, tamén coñecida como “o camiño feminino”que ten na Cañiza a sede oficial da súa Asociación e o Santuario de A Franqueira, un dos 10 que une a Vía Mariana.

A Vía Mariana ten o seu Km Cero en Braga (Portugal) no Santuario do Sameiro, atravesa 5 cámaras portuguesas e entra en Galicia por Arbo ata chegar a Muxía recuperando do esquecemento estradas extraordinarias para xuntar os 10 santuarios, territorio repartido en 30 concellos e cámaras nun total de 400 Km. Únicamente ten unha variante que ofrece a posibilidade verde e non masificada de ir por Brión en vez de pasar por Santiago. Cun percorrido programado en 18 etapas, ten como principal obxectivo “crear sinerxias para favorecer as zonas rurais máis deprimidas, fixar poboación, mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e ponderar a nosa riqueza paisaxística e patrimonial”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.