Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe de técnicas de protección e defensa ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como sair de situacións de perigo.
Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.
O curso que se levará a cabo os sábados 8, 15, 22 e 29 do mes de marzo en horario de 10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto.
Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo alfonso.longueira@yahoo.es ou ben no teléfono 699 102 727.