Salvaterra de Miño | O pasado mércores 19 de febreiro o IES Salvaterra de Miño en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, a ANPA, a Comunidade de Montes de Vilacoba e o Distrito Forestal XVII; organizaron unha plantación para o alumnado de 1º ESO e 3º ESO e para 1º de FPB Madeira.
En total foron preto de 100 rapaces e rapazas do centro educativo de Salvaterra de Miño que participaron na plantación de máis de 130 árbores na parroquia de Vilacoba.
O IES Salvaterra de Miño leva sete anos conmemorando o día da árbore dun xeito totalmente colaborativo xunto as diferentes Comunidades de Montes do Concello, e este ano tocou en Vilacoba.
Unha iniciativa que conta coa colaboración do profesorado, ANPA, Comunidade de Montes, Distrito Forestal e do Concello. Esta actividade forma parte das accións enmarcadas no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello de Salvaterra de Miño como compromiso para reducir os efectos do cambio climático no territorio.