Trump en Torrente 6.

Cinematográficamente definiríame como un entusiasta do cine Torrentino, non confundir co de Tarantino, pola capacidade que ten Santiago Segura de converter en actores a infinidade de personaxes como Cañita Brava, el Señor Barragán, Paquirrín, Jesulín de Ubrique, Belén Esteban e un longo etc de persoas que nada teñen que envexar aos intérpretes clásicos. Si falamos de series televisivas, quedaríame co Príncipe de Bel-Air, no cal facían cameos xente coñecida non relacionada co mundo do cine. Recordo en especial unha aparición de Trump intentando comprar a casa dos protagonistas con diñeiro negro.

As participacións de Donald en series de TV son innumerables, na maioría interprétase a si mesmo e poderían definirse como cameos pajilleros, nos que todos o masturban impúdicamente polo feito de ser millonario. Agora, o de ser presidente non é un cameo, aseméllase máis á converter en realidade a ficción da saga completa de “Torrente, el brazo tonto de la ley”.

Hai motivos dabondo no filme que fan sospeitar que Trump ten a Torrente como referencia. Entre outros, a posta en escena, o vocabulario, as expresións faciais, a linguaxe corporal, o racismo, o machismo, a facilidade de rodearse de axudantes estrafalarios e a de ter un fillo tonto. A modo de exemplo, a sinatura do “Decreto das palliñas” no despacho oval é cuspida á escena máis coñecida, que se repite en tódalas películas de Santiago Segura, na que o intrépido detective lle propón aos seus axudantes “hacerse unas pajillas pero sin mariconadas”.

“Hai motivos dabondo no filme que fan sospeitar que Trump ten a Torrente como referencia”

Donald di mentres asina a nova lei: “Hai que volver a facerse pallas como as de toda a vida, as de agora cando a cousa está quente duran segundos” “Probeinas en moitas ocasións e acaban rompendo ou estoupando”. O facinoroso Ellon Musk non tardou en contestar: “Quérote Donald! Tanto como un home heterosexual pode amar a outro home” ao que o comandante en xefe respondeu: “Non creo que as nosas palliñas afecten aos nosos tiburóns (políticos) mentres cruzan trabando polo Golfo de América”. Ten moita chispa laranxiño.

Outra coincidencia entre a película e a realidade é a obsesión que tiña Cañita Brava con cobrarlle as seis mil pesetas de whisky a Torrente, que é exactamente a mesma obsesión que ten Trump con cobrarlle aranceis a medio mundo. Un economista teórico experto en cine definiría esta situación como unha Cañitización do presidente.

En canto as escenas de sexo na película, teño dúbidas de si Santiago Segura inspirouse en Trump ou si este en Torrente. Son innumerables as babosadas e abusos sexuais do protagonista da saga que tamén coinciden coa vida real do mandatario americano, que alardea de facer o que quere coas mulleres porque é rico. Adiviñen que personaxe pronunciou esta frase: “Cando eres unha estrela, elas déixanche facer calquera cousa, ata agarralas pola cona”.

Trump podería interpretar ao malvado Spinelli (José Luís Moreno) ameazando con bombardear unha cidade con misis balísticos de longo alcance, ao imbécil butaneiro que esquece meter o freo de man ao camión que acaba provocando unha explosión, a Paquirrín cando ameaza coa deportación a dúas mulleres negras, a Jesulín de Ubrique intentando sin éxito manexar un ordenador e a Chiquito de la Calzada de vixilante de seguridade. O seu fillo Barron podería caracterizar a Pepito Torrente lavando as mans antes de ouriñar, seguindo as ensinanzas do seu pai o cal lle explicou que hai dous tipos de homes, os que lavan as mans antes de mexar e os que o fan despois, porque o carallo é sagrado, o centro do universo mundial, a mangueiriña da alegría. En fin, todo en Torrente recórdame a Donald Trump.

Esperemos que Melania se salve deste despropósito e non acabe sendo chimpada polo oco das escaleiras da Casa Branca, como lle sucedeu a Belén Esteban en Torrente 4: Lethal Crisis.

Mestre no CEIP de Salvaterra de Miño.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.