Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño reuniuse esta semana cos locais de hostalaría do municipio para organizar a que será a II Ruta Pinchoterra, unha proposta gastronómica que nacía fai un ano deixando bo sabor de boca entre o público.
A II Ruta Pinchoterra chega, despois do éxitos acadados na anterior edición con máis de 12.500 pinchos vendidos, con novidades. Neste 2025 a ruta terá lugar no mesmo mes de abril pero ampliase ós xoves e serán dúas xornadas (xoves e venres) nas que máis de vinte locais do casco urbano e das parroquias ofertarán entre os consumidores propostas gastronómicas diferentes, pinchos elaborados e coa esencia de cada establecemento.
Como na anterior edición os que participen na ruta deberán selar o seu pasaporte cun total de 6 selos diferentes para entrar no sorteo de máis premios e votar polo seu pincho favorito de entre todos os establecementos participantes.
Proximamente avanzarase máis información relativa a ruta que xa é unha actividade máis de dinamización do comercio e hostalaría do Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos locais.