O Entroido encherá o centro urbano de Ponteareas

Con diversas actividades e premios para todos os públicos

Ponteareas | Comparsas e actividades de entroido encherán as rúas e os espazos públicos do concello de Ponteareas ata o mércores día 5. O entroido de Ponteareas xa viviu a súa primeira semana de obradoiros e concursos para todos os públicos nos que se rendeu homenaxe á tradición e guiños a novidades en entretemento.

Para todos os públicos e cun percorrido máis longo que noutras edicións “para chegar ao maior número de persoas”, así o adianta o tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos González.

Un entroido dotado con preto de 20.000€ entre premios e actividades para todos os públicos que agarda recibir aos veciños e veciñas das comarcas do Condado e da Paradanta ante os que desfilaron sete comparsas o domingo día 2 e dez comparsas o martes día 4.

O desfile do domingo comeza ás 17:30 horas dende o Feliciano Barrera, Paseo Matutino, rúa Carballos, avenida de Galicia, Concha Brey, Constitución, praza de Bugallal, Oriente e praza Maior. Os concursos de disfraces chegan o luns día 3, o infantil será ás 17:00 horas e o de adultos a partir das 20:00 horas, nas dúas categorías haberá premios para os cinco mellores.

As comparsas volven ás rúas o martes día 4 cun desfile dende a rúa Rosalía de Castro, Concha Brey, rúa Constitución, Praza de Bugallal, rúa Oriente, Praza Maior, rúa Esperanza, rúa Senén Canido, rúa Amado Garra, rúa Azorín, e volvemos a repetir ata a Praza Maior a partir das 19:00 horas. A entrega de mencións será na praza Maior ás 20:30 horas e ao remate o Concello convida á gran chocolatada.

Juan Carlos González adiantou que se repartirán 12.000€ en premios para as comparsas, 1.000€ para o concurso de disfraces de adultos e 600€ para o concurso de disfraces infantil.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.