Salceda de Caselas | En relación coas acusacións do Partido Popular na prensa referidas á hora de presentar a solicitude de subvención para a construción do Centro de Día a alcaldesa Verónica Tourón (PSdeG-PSOE) quere realizar as seguintes consideracións:
O proxecto de Centro de Día e o proxecto da Galiña Azul, son dous proxectos totalmente diferentes, adaptados os dous ás necesidades dos servizos que se ofrecen en cada un deles, e con todas as especificacións técnicas solicitadas polo Consorcio Galego de Benestar, en canto a distribución Interior, salas, metros cadrados, etc., etc.(que por suposto son distintas).
O proxecto de Centro de Día responde a unha necesidade apremiante en Salceda con máis de 1.500 persoas maiores de 65 anos, e aproveitouse para facer a solicitude do mesmo a través da liña de subvencións para este tipo de centros grazas ao convenio entre a Fegamp e o Consorcio Galego de Benestar (con fondos europeos). Cuestión de oportunidade e necesidade para un fin concreto para o que se abriu unha liña de subvencións específicas aos concellos.
Tanto o centro de día como a Galiña Azul son necesidades básicas para a veciñanza de Salceda ás que hai que darlle resposta sen renunciar a ningunha delas e por suposto a solicitude dun Centro de Día non supón a renuncia á segunda Galiña Azul.
Lembramos que na modificación puntual levada a cabo nos terreos do PERI do novo Centro de Saúde existen dúas parcelas colindantes, unha co procedemento urbanístico completo e outra na que queda só a xestión da reparcelación.
Ángela Ledo Souto, “O PP ben faría en sumarse ás reclamacións e peticións que o noso goberno local realiza á Xunta de Galicia en materia de atención as nosas necesidades sociais e que na maioría dos casos desatende, en lugar de verter acusacións sen fundamento sobre os proxectos desenvolvidos polo concello”.