A alcaldesa Nidia Arévalo (PPdeG) completa o seu equipo electoral en Mos

Presentou a súa candidatura ante 400 persoas

Mos/PPdeG | A candidatura do Partido Popular de Nidia Arévalo para as vindeiras eleccións municipais combina nos primeiros 10 postos a experiencia en política local e a boa xestión demostrada polos actuais concelleiros Leo Costas, Sara Cebreiro, Julia Campo ou Baldomero Lorenzo; coa renovación e ilusión que aportan 5 novos perfís con solvencia como Camilo Grandal, empresario e referente cultural e social de Mos; Feli Rodríguez Carrera, actual deputada no Parlamento Galego ou José Ramilo, arquitecto técnico e enxeñeiro de Edificación. Tamén se incorporan nos primeros dez postos dous grandes coñecedores do municipio como Evaristo Ucha, actual presidente da Asociación de Veciños Celado, e Laura Méndez, funcionaria do concello desde hai case 30 anos.

Sobre o lema do Partido Popular de Mos nesta precampaña, “Ser Mos”, Arévalo destacou que “esta é a esencia da miña vida, ser mosense é o orgullo que me move desde ben nena e con esta mesma filosofía deseñei a candidatura”. “Unha lista de persoas referentes en Mos, un equipo preparado, con talento, forte e unido para cubrir as necesidades da veciñanza; de feito nos primeros dez postos están representadas cada unha das parroquias de Mos”, insistiu a candidata do PP de Mos.

O equipo foi presentado nun acto celebrado hoxe no Multiusos das Pozas, ao que asistiron más de 400 mosenses e que contou coa presencia do actual vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo, que foi o encargado de pechar e avalar esta candidatura. Conta con 27 membros (17 titulares e 10 suplentes). Nos titulares da candidatura hai espazo para 11 caras novas e a lista de suplentes preséntase renovada na súa totalidade.

No acto de presentación de hoxe interviron diferentes membros da candidatura nun evento dinámico conducido polo número 11 da lista, Alejandro Pérez Davila, coñecido comunicador e expresidente das Novas Xeracións do PP de Vigo, casado en Mos e construíndo vivenda no municipio. Durante o evento, os intervintes foron desgranando tamén as liñas fundamentais do programa co que concorre o Partido Poupular de Mos a estes comicios.

Así, Nidia Arévalo mirou tamén cara o futuro e aseguro que no próximo mandato: “Mos seguirá a ser un municipio con iniciativa e oportunidades para todos, foco de atracción de grandes proxectos; comprometido coas persoas, con vivenda para os máis mozos, accesible, humanizado, con servizos sociais de altura, como o gran macroproxecto sociosanitario do Rebullón; seguirá a ser motor e foco económico e industrial, inspirador e aberto, con cultura; verde, un concello áxil e colaborador coa veciñanza”. “En definitiva, un Mos para vivir, traballar e xerar oportunidades para todos, que integre e acolla, de xente ilusionada e orgullosa de SER Mos”, concluiu Arévalo.

Candidatura Partido Popular de Mos ás Eleccións do 28 de maio de 2023
1. Nidia María Arévalo Gómez
2. Camilo Grandal Pérez
3. Mª Felisa Rodríguez Carrera
4. Leopoldo Costas Alonso
5. Sara Cebreiro Alonso
6. Julia Loureiro Campo
7. José Ramilo Hermida
8. Evaristo Ucha Rodríguez
9. Baldomero Lorenzo García
10. Laura Méndez Senlle
11. Alejandro Pérez Davila
12. Camilo Augusto Martínez
13. Verónica Costas Campo
14. María José Ramos Pérez
15. Cristian Giráldez Seijo
16. Natalia Sanjurjo Romero
17. Adrián Trillo Rodríguez

Suplentes:
18. María de los Ángeles Senlle Martínez
19. Adolfo Alonso López
20. Paula Lago Lorenzo
21. Sara Pérez Araújo
22. Antonio Pereira González
23. Manuel Ferreira Campo
24. Mirian Campos Campo
25. Andrea Novo Groba
26. Carlos Rodríguez Lorenzo
27. Jaime Loureiro Campo