A ANPA do CEIP Ramiro Sabell de Ponteareas esixe máis profesores

Entregaron 1.500 sinaturas á Consellería de Educación da Xunta de Galicia

Ponteareas | A Asociación de Nais e Pais de Alumnos “Pena do Equilibrio” entregou no día de hoxe á Consellería de Educación da Xunta de Galicia 1.500 sinaturas recollidas nunha iniciativa cidadá para demandar un incremento do profesorado de apoio destinado a atender as necesidades educativas especiais do alumnado de CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas.

Con esta contundente mostra de apoio, a ANPA reafirma o seu compromiso cunha educación inclusiva e de calidade para todo o alumnado. As familias e a comunidade educativa demostraron de maneira clara a necesidade urxente de reforzar os recursos destinados a atender a diversidade nas aulas.

O centro na actualidade ten case 60 alumnas e alumnos diagnosticados que precisan de distintos apoios para poder ter unha educación en igualdade de condicións que o resto do alumnado.

Levamos dende o principio de curso cunha situación precaria que cada día que pasa faise mais insostible, polo tanto a consellería ten que reaccionar de inmediato adxudicando. De xeito estable, o centro un maior número de profesorado de apoio. A ANPA seguirá traballando para garantir que as voces das familias sexan escoitadas e que se adopten as medidas necesarias para mellorar a atención educativa aos nenos e nenas con necesidades especiais.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.