Ponteareas | Como en toda crise, as persoas con peores condición socioeconómicas son as máis prexudicadas. O confinamento, decretado para atenuar a propagación da Covid-19, levou á implantación da teleformación nos centros de ensino, non obstante, parte do alumnado non dispón dos medios, espazos ou apoios necesarios para o acceso a esta formación a distancia. Por este motivo, e para mitigar as desigualdades provocadas por motivos socioeconómicos, Ponte Solidario decidiu organizar este proxecto de apoio educativo.
O proxecto está dirixido ao alumnado con dificultades para seguir a teleformación durante o confinamento. Ante esta discriminación Ponte Solidario optou por ofrecerlles clases de reforzo gratuítas, co obxectivo de mellorar o seu nivel académico de cara ao próximo curso. As clases serán impartidas por mestras voluntarias durante os meses de xullo e agosto.
Para levalo a cabo, o proxecto foi trasladado a todos os centros públicos de ensinanza de Ponteareas, tres dos cales interesáronse pola proposta e, considerándoa unha boa iniciativa, foron os encargados de dala a coñecer entre as familias. Por outra parte, as familias que participan regularmente na asociación tamén se beneficiarán deste proxecto.