Ponteareas | O sábado 20 de outubro, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo foi convidada pola Fundación
Reveriano Soutullo a participar na celebración do 89 aniversario do pasodobre “Puenteareas”.
A Banda de Xinzo interpretou o pasodobre xunto ao monumento do mestre Soutullo, situado
diante do edificio consistorial do Concello de Ponteareas.
Javier Blanco, Director da Banda de Xinzo, quixo agradecer públicamente a labor que está a
realizar a Fundación Reveriano Soutullo en favor da recuperación de toda a súa obra escrita
para banda de música, así como a estreita relación que manteñen coa asociación. “Ademáis,
para a nosa agrupación é moi positivo participar neste tipo de actos tan necesarios e
simbólicos, xa que nos serve para transmitir a todos os músicos a importancia de Soutullo na
composición bandística do noso país”.
A Fundación Soutullo colabora regularmente coa Banda de Música Xuvenil de Xinzo, mostra disto
é a última edición do CD composto integramente por obras inéditas do mestre D. Reveriano
Soutullo Otero que saíu á luz a finais do ano 2014.