A BBC denuncia a responsabilidade de España e Marrocos na morte de migrantes no Valado de Melilla


“Morte na fronteira” un documental da BBC que mostra como Marrocos utiliza a migración como arma de chantaxe a Europa coa complicidade de España.

En xuño de 2022, Marrocos permitiu a miles de migrantes subsaharianos achegarse á zona fronteiriza con Mellila, o enclave español. Tras chegar á zona foron masacrados polas autoridades marroquís, o que se traduciu en 24 mortes confirmadas e decenas de “desaparecidos”. Neste documental podemos ver non só como todo o masacre foi premeditada senón como foi apoiada polas autoridades españolas que non fixeron nada para protexer aos migrantes que lograron chegar a chan español e foron capturados e devoltos polas autoridades marroquís.

500 000 000 euros foi a recompensa que recibiu Marrocos pola matanza da Unión Europea.

A chantaxe de Marrocos, que utiliza aos inmigrantes como arma e como seres refugables, non é nada novo e utilízase non só para recadar millóns senón para manter o statu quo da ocupación ilegal do Sahara Occidental.

O que vemos nestas imaxes, a violencia exercida sobre os migrantes, é a mesma violencia que sofren os saharauís nos territorios ocupados do Sahara Occidental, pero aos que os medios de comunicación non teñen acceso.

Documental da BBC:

Nado no ano 1974, un ano antes da entrega do Sahara por parte de España a Marrocos. Activista polos dereitos do Pobo Saharaui, é membro de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. Fundador e administrador da web www.porunsaharalibre.org