Salvaterra de Miño | Un ano máis a Biblioteca Municipal de Salvaterra viaxa polas parroquias a través do programa de dinamización da lectura “ler conta moito”.
As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de outubro diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.
Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas nosas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e obradoiros que perseguen dunha maneira lúdica chegar ao maior número de nenos e nenas, un programa enfocado a fomentar o hábito da lectura.
“Dun xeito fresco e divertido a Biblioteca Municipal sae a rúa, viaxa polas nosas parroquias, ofrecendo aos máis cativos actividades creativas e obradoiros”
Por segundo ano consecutivo, e despois do éxito acadado o ano pasado a pesares da situación sanitaria, as actividades de dinamización á lectura dan un salto ás diferentes parroquias que conforman o noso Concello, e que poden ter máis difícil acceder dun xeito habitual á biblioteca municipal.
As actividades están dirixidas a nenas e nenos maiores de 7 anos, e serán con aforo limitado. Para participar é preciso inscribirse no teléfono 637108343 ou no correo electrónico biblioteca@concellodesalvaterra.org.
LISTADO DE ACTIVIDADES:
.Venres 24/09/2021. Actividade de animación “O museo científico” por Xesús Fernández. Lugar: Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño.
.Venres 01/10/2021. Actividade de robótica educativa. Creatividade inspiradora, impartido por A Nube Animación. Lugar: Centro Cultural Xerme de Cabreira.
.Venres 08/10/2021. Actividade de animación á lectura “Desenvolvemento da creatividade a través do debuxo” impartido por Yago García. Lugar: Casa de Cultura de Leirado.
. Venres 15/10/2021. Obradoiro de animación á lectura “A arte de ler. Bolsas de mochila” impartido polo GRUPO O FAIADO DE NIN. Lugar: Casa de Cultura de Meder.
. Venres 22/10/2021. Actividade de animación á lectura “ Atrapados con Harry Potter” impartido por David Ballesteros. Lugar: Casa do Mestre en Arantei.