A Bola | A Casa Consistorial de A Bola acolleu as reunións de traballo do xeodestino “Terras de Celanova- Serra do Xurés”. A primeira delas foi a constitución da Mesa de Calidade Turística “para continuar coa nosa estratexia de traballar a prol dun destino acreditado co Sistema Integral de Calidade Turística”, sinalou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.
A Mesa de Calidade Turística no xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” está integrada polas seguintes entidades: o Concello de A Bola -representado pola súa alcaldesa que asiste como deputada provincial da zona-, a Axencia de Turismo de Galicia -presente a través do xefe da área de xestión de calidade-, a Universidade de Vigo -representada polo vicerreitor do Campus de Ourense-, a Asociación de Comerciantes, Hostelería e Empresarios da Vila de Celanova (CHEA) (tamén en representación da CEO) -presente a través do seu presidente-, a Asociación Limia Verde – representada polo seu presidente -, a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia -presente a través do seu delegado en Ourense.
Nesta primeira etapa, xa se adheriron ao destino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” ata 13 servizos turísticos, que xa completaron tanto a formación como a avaliación. Unha vez analizadas estas propostas pola Mesa de Calidade, serán elevadas ao Comité de Distinción Nacional, que se celebrará o vindeiro mes de xuño.
Estes servizos turísticos son: Acouga Hotel Boutique de Celanova, a oficina de información turística “Porta do Parque” de Lobeira, o Hotel Celanova, a vivenda de uso turístico “Celanova House”, os aloxamentos rurais de Ramirás “Casa da Fonte” e “Casa Ramirás”, a guía de turismo Berta María López Paz, os bares e cafeterías de Celanova “Café Bar Novo América” e “Casaberta”, e os restaurantes “Mesón Vieira” de Celanova, “Restaurante Casa Ramirás”, “Restaurante Alquimia” de Celanova, e “Restaurante O Muiñeiro” de Barbadás.
Comisión de seguimento do xeodestino
Por outra banda, tamén se celebrou a comisión de seguemento do xeodestino, conformada polos concellos integrantes e o Inorde -como ente xestor do mesmo- para aprobar a liquidación da anualidade 2023, así como para deseñar as actuacións que se levarán a cabo ao longo deste ano. Estas accións están orientadas a continuar co impulso ao SICTED e a promocionar este territorio en canles profesionais que, en todo caso, requiren de sinerxías entre o sector público e o tecido turístico do xeodestino.
Os concellos que integran este xeodestino son: A Bola, A Merca, Bande, Barbadás, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.