A Cañiza | O Concello comezou a campaña do “Peto Solidario”, en presenza dos Alcaldes da Cañiza e de Melón, Luis Piña e Emilio Díaz e dos veciños da Cañiza Patricia Paramés e Edi Márquez, así como doutras colaboradoras. Todos eles promotores e impulsores de varias accións solidarias para recadar fondos para esta asociación. Tamén eles son os responsables de visibilizar as accións e apoios que ASCAM ofrece en Ponteareas
Unha iniciativa promovida por Patricia Paramés e Edi Márquez, en colaboración cos Concellos da Cañiza e de Melón, para recadar fondos, a través de andainas solidarias, para axudar á Asociación Cancro de Mama “Ascam Pilar Domingo” de Ponteareas.
Dentro destas accións destacaron con forza a organización de tres andainas solidarias baixo o lema “Roteiro das Promesas”, celebradas os días 12 e 13 de outubro e o 2 de novembro. Ésta última, unha andaina nocturna organizada por Almudena, propietaria da boutique “Mi Vestidor”. Todas estas andainas comprometeron aportacións económicas depositadas nos petos que se abriron esta mañá no Salón de Plenos.
O reconto destas aportacións deixou unha cifra de 1.028,74€, cantidade que duplicou a conseguida no 2023, un total de 593,42€, e que será entregada á Asociación para continuar sufragando as distintas accións e actividades promovidas por ASCAM: Campañas de subvencións de suxeitadores para próteses, panos e turbantes; Desenvolvemento do programa “Cuerpo y Mente”que ofrece clases de ioga, pilates, talleres de meditación, relaxación e pranayama; Programa “ao Teu Lado” que ofrece atención psicolóxica; Programa “Sabores” baseado en atención nutricional ou o programa “Bonita”que consiste no préstamo de pelucas, asesoramento e coidado da propia imaxe.