A Cañiza | En vésperas da celebración de TODOS OS SANTOS, o vindeiro 1 de novembro, dende o Concello humanizamos esta beirarrúa coa plantación de 11 árbores da familia “liquidámbar globosum” dun tamaño mediano 12/14, suministrados pola Deputación de Pontevedra.
Esta actuación ven a completar as obras realizadas pola Deputación Provincial na EP 5005 A Cañiza – Pousa e que consistiron na reposición do firme deste vial (na zona do Campo de Fútbol e do Cemiterio) e a reordenación de tódolos espazos para optimizar o aparcamento e mellorar a seguridade do tránsito peonil, cun investimento de 94.425,00€.
Ademáis das labores de limpeza, xardinería e mantemento do Cemiterio Municipal do Vieiro que se desenvolveron nestes días, con motivo da celebración de Todos os Santos, o Alcalde Luís Piña informou que este ano tamén se acondicionou e lavou a pedra da Capela sita no recinto.