A Cañiza | A Cañiza conta cunha nova marca. Un novo manual de uso de identidade corporativa, construída en torno ao concepto de ponte ( ponte medieval de Noceifas, ponte de Achas e de Pintelos como referencia)
Todo o logotipo se articula sobre arcos, sendo a “ñ” unha representación engadida de porta, de entrada, entre outros destinos ou lugares ás nosas rutas, ao noso extraordinario paisaxismo e riqueza natural e tamén á nosa gastronomía.
A nova marca caracterízase tamén polo uso dunha cor verde moi viva e vibrante que conecta directamente coa natureza. Ademáis da gráfica do logomarca, engadimos un claim ou texto “A Cañiza. Adéntrate en Galicia” que nos sitúa no camiño da transversalidade que ofrece A Cañiza: turismo, circuitos BTT, ríos, sendeirismo, rutas, camping, natureza, zona de paso, porta de entrada, gastronomía e sobre todo a nosa pertenza a Galicia e a nosa estratéxica situación xeográfica como corazón do sur de Galicia.
“Adéntrate en Galicia!” sintetiza todos estes conceptos e transmite unha mensaxe fácilmente comprensible en galego e castelán, cun obxectivo único: dar a coñecer A Cañiza ao exterior, tanto a outros galegos, como cidadáns de orixe nacional ou estranxeiros.