A Cañiza amplía a súa cobertura de telefonía móbil

Tras inaugurar a do Couto, o Concello agarda completar esta primavera coa de Luneda

A Cañiza | O Alcalde Luís Piña e a concelleira Eva María Rivas visitaron a instalación de telefonía móvil na parroquia do Couto, atendendo unha histórica reivindicación da veciñanza, que viña sufrindo a perda de autonomía nas comunicacións dende hai dúas décadas. A empresa adxudicataria do acendido desta equipación de comunicacións móbiles é VODAFONE.

Na visita á instalación de Xunqueiras, no Couto, o Alcalde e a concelleira informaron que “na primavera de 2025 quedará operativa tamén a nova instalación e equipamento de comunicación móbil de Luneda”.

As dúas actuacións desenvolvéronse dentro dun Acordo Marco suscrito entre A Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, ao que se adheriu o Concello da Cañiza en 2020 e que permitiu, a través de fondos FEDER da Unión Europea, financiar os costes destas dúas grandes infraestruturas de comunicacións, sendo beneficiarias destas axudas únicamente 64 zonas de toda Galicia. Na provincia de Pontevedra solo 6 municipios resultaron beneficiarios.

Entre estes 6 Concellos, A Cañiza contou con dúas actuacións. No Couto e Luneda, sendo a zona do Couto a máis deficitaria do noso término municipal, por atoparse nunha “zona de sombra” na que difícilmente se podía recibir ningún sinal procedente doutras antenas.

Na Sesión do pasado 15 de maio, o Pleno do Concello aprobou por unanimidade o texto dun convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Xunqueiras – Couto, para a cesión de uso de 81 m2 de terreo, así como os permisos de acceso aos mesmos, nunha parcela próxima ao campo de fútbol do Couto, co fin de albergar as insfraestruturas e equipamento necesario para mellorar a cobertura das comunicacións móbiles da parroquia.

Esta colaboración iniciouse o 17 de novembro de 2022, data na que a Alcaldía informa á Comunidade de Montes de Xunqueiras da posibilidade de mellorar as comunicacións. Unha actuación que tiña que contar coa colaboración da Comunidade, aprobando a cesión dunha pequena parcela de terreo comunal a favor do Concello para a instalación da antena.

Esta posibilidade de mellora parte inicialmente da adhesión do Concello da Cañiza ao Convenio Marco de colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a posta en marcha de actuacións encamiñadas a MELLORAR A COBERTURA DE COMUNICACIÓNS MÓBILES NO RURAL DE GALICIA, financiadas polos Fondos FEDER da Unión Europea.

O Concello adheriuse a este Convenio en 2020, ao existir no noso municipio numerosas zonas sen cobertura móbil. Despois de varios estudos e verificacións técnicas, Amtega inclúe nas súas actuacións as parroquias do Couto e de Luneda por estar catalogadas como zonas con altas deficiencias de cobertura. No listado publicado por Amtega aparecen 64 municipios de toda Galicia con zonas identificadas como “Zona_con_deficiencia”, elexidas todas elas beneficiarias deste proxecto para a mellora de cobertura móbil. Na provincia de Pontevedra solo se actuou en 6 municipios, entre eles A Cañiza nas parroquias do Couto e de Luneda.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.