A Cañiza | O Alcalde Luis Piña asinou esta mañá o Decreto de adxudicación do sistema de control horario que rexerá a xornada laboral dos empregados do Concello. A empresa MHP SERVICIOS DE CONTROL SL, adxudicataria deste contrato de prestación de servizos será a encargada de suministrar, instalar e manter este sistema por un importe de 1.260€ anuais .
A posta en marcha do sistema inclúe o suministro da aplicación cos correspondentes accesos, a implantación do sistema e o seu mantemento durante a duración do contrato que será de 3 anos, prorrogable por outros 2 anos máis.
Este sistema permitirá compatibilizar o control de horarios coa xestión das vacacións e os diferentes tipos de permisos laboráis, períodos de baixas e elaboración de calendarios.
Tamén permitirá elexir alomenos 3 formas distintas de fichar ao comezar e rematar a xornada laboral. Dende un PC, vía web, mediante identificación do usuario coa contraseña, evitando a necesidade de recurrir á compra ou instalación dun software específico. Tamén dende un teléfono móvil, coa aplicación correspondente ou dende calquera punto de acceso que o Concello considere oportuno, xa sexa con tablets, webs, ou outra aplicación.
Esta nova ferramenta permitirá a reconexión automática do sistema de control de horarios en caso de pérdida da sinal wi-fi, a rectificación de fichaxes, previa solicitude e o control do administrador do sistema.
Además engade o envío de mensaxes e avisos do administrador a todos os empregados, a adaptación do control de horarios ás variación da plantilla, o control de horarios na modalidade de teletraballo e xestionar o control de fichaxe dos traballadores con mobilidade ou flexibilidade horaria.