A Cañiza | O Concello destinou 127.180,19€ para a construción de muros de contención e arranxo de viais na Xesteira- Senande e Laxas en Petán e na Costa de Oroso para asegurar as pistas municipais tras os temporais de choivas de 2022-2023.
Un investimento que contou cunha axuda da Deputación de Pontevedra de 122.051,95€ a través das subvencións extraordinarias que publicou o Organismo provincial no 2023 para a reparación dos danos causados polas inundacións acontecidas nos concellos de Pontevedra nesas anualidades. Ademáis o Concello tamén foi subvencionado pola Deputación con outros 3.076,95€ ao abeiro do Plan Concellos 2023, para financiar os costes de honorarios da redacción do proxecto de execución.
Na visita que esta mañá realizou o Alcalde á zona da Xesteira-Senande, en Petán, unha das zonas máis afectadas polos temporais de choivas polo perigo de derrumbe do vial municipal, Luis Piña estivo acompañado polos Concelleiros do seu Goberno Paula Bacelar, Eva Mª Rivas e Rubén Muiños.
Segundo informou o Alcalde os beneficiarios destas axudas executadas no 2024 foron os concellos da provincia, cunha poboación inferior a 20.000 habitantes, nos que se recolleron máis de 50 litros por m2 de precipitacións na xornada do 1 de xaneiro de 2023, que todos recordaremos como torrencial e na que se produciron importantes danos estructurais nas estradas municipais como foi o caso da Xesteira en Senande, nas Laxas de Petán e na Costa de Oroso.
Estas actuacións que remataron en 2024 tiveron un investimento inicial de 127.180,19 euros impostos engadidos, desagregados en 122.051,95 € correspondentes á execución da obra, dos que 84.764,19€ corresponden á execución material, 11.019,34€ ao 13% de gastos xerais, 5.085,85 € ao 6% de beneficio industrial e 21.182,57€ ao 21% de Ive. A reforma adxudicouse a empresa CONSTRUCCIONES FECHI S.L. por un importe de 116.400,95 €.
Aos costes de execución material, engádense os gastos de honorarios para redacción de proxecto de execución, (3.076,95€), e dirección de obra (2.051,29€) que suman un total de 5.128,24€, adxudicados ao enxeñeiro Javier Carballo Núñez.
Estas axudas para a reparación de danos nas infraestruturas viarias municipais, provocados polas choivas extraordinarias de 2022-2023, destináronse case na súa totalidade á zona da Xesteira en Senande- Petán na que se investiron 76.312,48€ máis impostos. Na zona das Laxas os danos materiais cuantificáronse en 3.255,43€, na Costa de Oroso en 3.129,95€ e noutros viais de menor consideración 2.066,33 € aos que tamén hai que engadir os impostos de Beneficio Industrial (13%), gastos xerais (6%) e Ive (21%).
Axudas para a reparación das choivas
Entre finais de decembro do ano 2022 e xaneiro de 2023, as choivas torrenciais que caíron na nosa zona provocaron danos e destrozos extraordinarios en numerosas infraestruturas, como o derumbe de taludes de sostén de viais e baches e deformacións nas estradas municipais orixinados polo desbordamento dos cauces das augas.
O máis importante foi o da Xesteira onde foi necesario estabilizar un gran talud coa construción de 4 grandes muros de contención de mampostería que en total sumaron 535,50 m2, drenaxes superficiais para reconducir as augas así como construcción de cunetas revestidas de formigón de 1,00 m. de ancho, colocación de arquetas de 60*60 cm para embocar os tubos de cruce e mellora do firme deformado en 1.964,50 m3, para adecuar o vial ás necesidades dos veciños e asegurar a circulación dos vehículos e tamén para evitar problemas no futuro no caso doutros episodios de choiva.
Na zona das Laxas, tamén en Petán, executouse tamén a construcción dun muro máis pequeno de 25 m2, limpeza das marxes da cuneta en 15 m de lonxitude e se pavimentaron as zonas deformadas nun total de 56,25 m2. Por último o Concello tamen intervíu na zona da Costa de Oroso , onde tamén quedou afectado o vial pola crecida do río Ribadil. Nesta zona se limpiaron as marxes das cunetas en 35m, mellorouse a rede de drenaxe executando un tramo de cuneta de 19 m de lonxitude, se construiu unha arqueta de 60*60 cm e finalmente pavimentouse o novo tramo afectado con asfalto en 195 m2 de vial.