A Cañiza | O Alcalde da Cañiza, Luís Piña, visita as instalacións da empresa acompañado polo Xerente, Guillermo Salgado, e tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o seu funcionamento e a xestión dos residuos, baseado no procesado e recuperación final dos materiais recolleitos.
Unha empresa que está en pleno proceso de expansión e que aumentou a cantidade de residuos procesados en case 3.300 tonelades en 5 anos, pasando das 919 Tm en 2017 ás 4.200 Tm en 2022.
Este aumento productivo permitiu a apertura neste último ano dunha nova planta de provisión na Coruña para optimizar os residuos procedentes desa provincia. Ademáis a súa política de empresa contempla ampliar as instalacións da Cañiza para cubrir as esixencias da UE de aumentar as toneladas de envases reciclados en España.
No percorrido polas instalacións, o Alcalde tivo a oportunidade de coñecer os dous canles de producción da fábrica. A xestión dos residuos industriais das empresas xerados pola súa actividade produtiva ou de explotación e a xestión da recollida selectiva fora do fogar, é dicir, o contedor amarelo de envases lixeiros e o contedor azul para papel e cartón, xestión que se realiza en convenio con ECOEMBES.
Según Guillermo Salgado, Xerente de Reciclados Plásticos Cañiza SL “a labor que desenvolvemos na nosa empresa ten un gran impacto no medio ambiente xa que co noso traballo convertemos os residuos en materias primas que volven a ser reutilizadas”.
Continúa explicando que “actualmente temos en toda Galicia un sistema de recollida que abarca todo tipo de sectores (hostalería, alimentación, automoción, industria, centros comerciais, hospitais, centros de saúde, colexios, garderías, universidades, etc. Un total que supera as 1.200 instalacións”.