A Cañiza consegue unha subvención conxunta para a “Mellora do Ciclo da Auga”

Por valor de 4.809.629,89€ xunto aos Concellos de Melón, Mondariz, Mondariz Balneario, O Carballiño e Maside

A Cañiza | O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) do Goberno de España, notificou o pasado 16 de outubro á Agrupación de Concellos conformados pola Cañiza, Melón, Mondariz, Mondariz Balneario, O Carballiño e Maside a Resolución definitiva de concesión da subvención de “Mellora do Ciclo da Auga” por valor de 4.809.629,89€.

A Asociación, que asinou un convenio de colaboración mútua o pasado 13 de decembro para solicitar o PERTE de dixitalización do ciclo da auga, é a primeira vez que se presenta á convocatoria, conseguindo a subvención xunto con 49 agrupacións e concellos de toda España.

Deste medio centenar de proxectos subvencionados, en Galicia soamente conseguiron a axuda 5 agrupacións/concellos. Entre eles a agrupación da Cañiza (4.809.629,89€)  e o Consorcio do Louro (4.719.912,04) pola provincia de Pontevedra. O proxecto de Arteixo (1.288.570,63€) e do Concello de Ames (1.131.309,77€) pola provincia da Coruña e por Ourense o Concello cunha axuda de 4.297.590,93€, sendo o proxecto liderado pola Cañiza o que recibe a maior subvención.

Os rexedores manifestaron a súa satisfacción por ter conseguido esta importantísima subvención que permitirá elaborar os proxectos necesarios para transformar, modernizar e mellorar a eficiencia do ciclo urbano das augas, entre elas o cambio de todos os contadores de auga no casco urbano por contadores intelixentes, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O proxecto subvencionado polo MITECO contempla unha axuda para A Cañiza de 1.499.896,36 €, para O Carballiño de 1.488.423,68€, para Mondariz de 486.808,92€, Mondariz Balneario de 497.189,34€,  para Maside de 342.955,37 € e para Melón de 494.356,22€.

A axuda cubre o 100 % do importe do proxecto. Ademáis os Alcaldes destacaron o feito de que os Concellos percibirán o 80% das axudas por adiantado, tendo que financiar únicamente o 20% que será abonado coa xustificación final das actuacións que deberán ter rematado antes do 30 de xuño de 2026.

Unha subvención que beneficiará a unha población total de 28.065 veciños e que ten por obxectivo conseguir un uso máis eficiente da auga, mellorar a xestión do abastecemento e lograr mellores niveis de aforro deste ben natural.

Para acadar este propósito dixital poderanse implementar equipos de medida e de control de parámetros, plans de emerxencia, plans integrais de xestión dos sistemas de saneamento, Plans para o fomento da auga rexenerada, plans municipais de protección civil fronte a inundacións, estudos para o diagnóstico, o control e a xestión de fugas estructurais, estudos hidroxeolóxicos e unha modelización cartográfica e numérica das redes de abastecemento e saneamento.

Os novos sistemas que se implantarán permitirán tamén monitorizar o consumo ou as posibles perdas da rede en tempo real. Así mesmo, todas as actuacións están concibidas e planificadas dun xeito integral, cubrindo as necesidades particulares de cada concello, mellorando a sustentabilidade ambiental, nun escenario no que as secas aparecen como unha ameaza e fortalecendo a eficiencia do sistema hídrico da comarca.

Os Alcaldes subliñaron que esta importantísima achega será fundamental para avanzar na modernización das redes de auga potable dos concellos, sen a cual sería imposible a medio prazo cumprir cos obxectivos marcados nas axendas autonómicas e nacionais, de ahí a importancia de ter sido seleccionada para a concesión da axuda. A cantidade solicitada polo Concello da Cañiza foi de 1.499.896,36€, destinados a mellorar a eficiencia e dixitalización da rede de conducción en alta e de distribución en baixa, instalación de contadores de auga e mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración, entre outras actuacións.