A Cañiza | Esta mañá o Alcalde acompañou ao Delegado da Xunta en Pontevedra na visita que realizou ao noso Concello para supervisar a nova máquina varredora do servizo de limpeza municipal, activa dende o pasado 26 de outubro.
Unha máquina profesional de 600l, tipo vehículo con motor a gasoil, cunha potencia mínima de 35 CV, compacta (1,09m de ancho por 3,90m de largo) e articulada que está permitindo optimizar o servizo de limpeza viaria, sobre todo en beirarrúas estreitas, grazas á súa operatividade.
Na visita de hoxe, Alcalde e Delegado puideron comprobar a eficacia desta máquina que conta ademáis cun ángulo de xiro de 139 cm e pode traballar nun ancho de barrido de 2m.
Dispón tamén de transmisión hidrostática a través de 4 motores independentes en cada roda, tracción permanente e unha velocidade de transporte e de barrido de 25Km/hora.