A Cañiza | O Concello lanza esta nova convocatoria pública de emprego para a contratación de 2 mozos de recollida de lixo, 7 peóns de obras públicas e 3 conductores – operadores de maquinaria de vías.
Este persoal entrará a formar parte das brigadas responsables de executar os traballos de desbroce, poda, limpeza e outras actuacións municipais.
Os empregados seleccionados poderían empezar a traballar a finais do mes de marzo. Estas contratacións forman parte das políticas activas de emprego e contan cunha subvención do “PLAN CONCELLOS 2022, Liña 3” da Deputación Provincial de 124.903,05 €, para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
O proceso de selección iniciarase coa oferta que o Concello enviará á oficina “Emprego Galicia” da Cañiza, para solicitar unha relación de candidatos e candidatas para a cobertura de cada posto.
Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas diarias durante 6 meses. Así ofrécese emprego de calidade a diferenza de anos anteriores nos que as xornadas estaban recortadas. Ademáis os salarios deste persoal se equiparan cos dos empregados do concello con similares ocupacións.
Por terceiro ano consecutivo elimínase a entrevista no proceso de selección, converténdose nun concurso garantista ao 100 % dos principios constitucionais de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade.
Tamén por terceiro ano se aplicará unha porcentaxe destinada a indemnizacións que asume o concello para cumplir con todo o disposto no ambito de aplicación dos dereitos dos futuros traballadores
Convenio con Cáritas
Ademáis coa sinatura deste Convenio, Caritas pon a disposición dos servizos Sociais do Concello un servizo de roupeiro para suplir as carencias de vestimenta das persoas máis necesitadas do Municipio.
Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña esta mañá, “colaboramos con Cáritas no seu proxecto de inclusión socio laboral dirixido a persoas en situación de risco e na entrega de roupa de segunda man ás persoas máis necesitadas”. A empresa encargada de colocar, conservar e recoller a roupa destes contenedores, así como de desenvolver un tratamento axeitado de cada peza e distribuila é Servicios Comerciales de Inserción Laboral EIL SL, constituida por Caritas co obxectivo de situar ás persoas en situación de risco nun contexto e posición favorables para exercer os seus dereitos de cidadanía en igualdade de oportunidades.
Os contenedores de roupa estarán situados no espazo da Casa de Cultura da Cañiza e tamén na zona de estacionamento da Rúa Regueiro, non descartando a posibilidade de que nun futuro se poidan colocar máis contenedores de ser necesarios. Estarán debidamente identificados e indicarán as normas internas para o depósito da roupa.
Na sinatura do Convenio, a empresa responsabilizouse da imaxe dos contenedores e de mantelos correctamente, de xeito que poidan estar continuamente en funcionamento. Tamén se responsabilizou a contratar a correspondente póliza de seguro de danos a terceiros.
Ademáis, Caritas Diocesana pon á disposición dos Servizos Sociais do Concello un servizo de roupeiro municipal que será xestionado para dotar de vestimenta axeitada ás persoas máis necesitadas. A vixencia do Convenio será de dous anos a partires da súa sinatura e será prorrogable no caso de que ambas partas así o decidan.