A Cañiza | Unha xuntanza que se celebrou este mércores na Cámara Municipal de Melgaço para continuar traballando na cooperación transfronteiriza que, segundo manifestaron os dous rexedores, o cañicense Luís Piña e o anfitrión Manoel Baptista, é un dos medios máis eficaces para a aproximación das poboacións fronteirizas.
O encontro permitiu afianzar os lazos de amizade entre os dous municipios e para fomentar o desenvolvemento económico, social e cultural, neste caso de Melgaço e A Cañiza.