A Cañiza | A piques de rematar este 2023, dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello da Cañiza fan o balance das axudas entregadas ás 38 familias incluidas nos programas de acción social municipal.
Un total de 9.470,75 quilos de productos de primeira necesidade, destinados ás unidades familiares que percibiron unha media anual de 249 kilos de alimentos de primeira necesidade e tamén productos de hixiene e de limpeza.
A este respecto informou esta mañá o alcalde, Luis Piña, “neste ano o Concello adquiriu con fondos propios 2.655 kilos de alimentos e productos de primeira necesidade, hixiene e limpeza, aos que hai que engadir outros 6.815,72 kilos procedentes do Convenio de Adhesión ao Programa Operativo FEAD 2023, promovido polo Ministerio de Interior do Goberno de España, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Cruz Vermella”.
A adhesión a este convenio converte ao Concello en participante como organización asociada de reparto no programa de axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) que financia medidas dos países da Unión Europea para proporcionar alimentos ou asistencia material básica ás persoas que máis o necesitan.
“A Cañiza, Coidada e Sostible”
Baixo o lema de “A Cañiza, Coidada e Sostible”, o Concello continúa coa súa campaña de sensibilización ambiental iniciada xa nos anos 2021 e 2022 e que segue neste 2023, centrada na compostaxe doméstica para promover a reciclaxe de residuos orgánicos no noso Concello.
O pasado venres 15 de decembro, desenvolveuse unha nova xornada de sensibilización e concienciación ambiental sobre boas prácticas en materia de compostaxe doméstica, nunha carpa informativa itinerante situada na entrada da Casa Consistorial.
Co obxectivo de mellorar o grao de concienciación ambiental dos veciños e reforzar e fomentar un cambio de hábitos e de comportamento en torno a reciclaxe de residuos, os monitores medioambientais da empresa ANCARIA SL captaron a atención dos nosos veciños a pé de rúa durante toda a mañá, entregando material divulgativo que nos axudará a todos e mellorar a reciclaxe mediante a compostaxe.
As seguintes xornadas terán lugar os días 22 e 27 de decembro, en horario de mañá e no mesmo emprazamento.
#acañizacoidadaesostible conta coa colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e está financiada pola Unión Europea, a través dos fondos -NextGenerationEU-
Ademáis o Alcalde Luis Piña anunciou que se algún veciñ@ desexa ampliar información sobre o procedemento de solicitude e adquisición dun composteiro doméstico, pode contactar co persoal da Biblioteca Municipal, na súa recepción ou chamando a partires das 10h da mañá ao número 986 66 30 69.
A campaña pretende impulsar un modelo de residuos baseado na compostaxe e no tratamento a quilómetro cero dos biorresiduos municipais. A súa razón de ser é que A Cañiza cumpra cos obxectivos fixados na normativa europea, estatal e autonómica en canto a porcentaxes de residuos orgánicos recolleitos e aproveitados.
Podedes ampliar máis información sobre a compostaxe doméstica nas guías e folletos publicados na web: caniza.org