A Cañiza | O Alcalde Luís Piña anunciou que xa están rematadas as obras de dotación de iluminación exterior pública nesta instalación deportiva, inaugurada o 5 de xuño de 2023. Piña visitou as pistas, acompañado dos Concelleiros de Goberno, de Maika Martínez e Marcos Núñez, enxeñeiros da empresa encargada da redacción do proxecto e dirección da obra, Geourban Ingeniería Ambiental y Urbanismo S.L., así como do xerente da empresa de electricidade Javier Souto, encargado da execución da actuación.
As pistas deportivas urbanas están situadas na contorna do edificio da actual Escola de Música, na rúa Silleda, cunha superficie total de 3.305 m2. Esta instalación executouse con cargo á Liña 1 de investimentos do Plan Concellos da Deputación 2022, cunha subvención de 289.991,08€. O importe total da obra ascendeu a 324.267,22€ e foi adxudicada á empresa Prace Servicios y Obras SA.
Como xa comentaran expertos e profesionais nestas disciplinas, na súa inauguración, a instalación da Cañiza está consideraba como un dos mellores conxuntos de skatepark e pumtrack de Galicia e a calle pincipal do skatepark como a mellor de España.
Sin embargo, a construcción deste novo espazo deportivo, que responde a un deseño seguro, ao aire libre, seguindo a política do Equipo de Goberno de mellorar as instalacións públicas e apostar por novas disciplinas deportivas, precisaba de iluminación exterior, por así requerilo moitos usuarios ao longo destes últimos meses.
Por esta razón explica o Alcalde “nos orzamentos do ano 2023 incluimos a obra de dotación de iluminación para a instalación. Unha actuación cun investimento total de 32.229,73€, desglosados en 28.121,78€ para a execución da obra e 4.107,95 € correspondentes a honorarios de redacción do proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde. Os impostos tamén están engadidos.”
Considerando que o Concello tiña unha partida sobrante nas axudas do Plan Concellos 2022-2023 (anualidade 2023) de 19.999,03€, solicitouse ante a Deputación Provincial que esta cantidade fora destinada á obra de “Iluminación do Skatepark da Cañiza”, autorización que foi concedida en maio deste ano 2024. Os 12.230,70€ restantes foron asumidos cos recursos propios do Concello.
A empresa adxudicataria da obra, Electricidad Javier Souto, S.L., ofertou unha rebaixa de 309,93€ respecto do prezo da licitación ( 27.811,85€).
Nova iluminación de calidade e aforro enerxético
As obras de iluminación do parque, que comenzaron neste mes de novembro consistiron na instalación de 7 columnas de 10 metros de altura, fabricadas con chapa de aceiro ao carbono, distribuidas pola instalación con 18 proxectores, segundo o estudo lumínico realizado no proxecto, que tamén contemplou a construcción de novas canalizacións e liñas eléctricas e instalación dun cadro de mando cos dispositivos de protección.
Na visita de onte, o Alcalde explicou que a instalación acenderase de xeito sincronizado co alumeado público e dende esa hora e ata as 01.00h, permanecerá a potencia de 200W . Dende as 01.00h ata as 01.30h, permanecerá a potencia 140W. Dende as 01.30h ata as 02.00h, permanecerá a potencia 120W e finalmente dende as 02.00 ata a hora de apagado, permanecerá a 70W. Con esta medida tamén estaremos garantindo non solo a eficiencia enerxética, senon un consumo optimizado de electricidade.
O Alcalde aclarou esta mañá que “con esta actuación mellórase esta instalación deportiva de primer nivel que, en parte, quedaba limitada pola ausencia de iluminación artificial, deixándoa impracticable nas horas do día con pouca luz natural e de uso nulo pola noite debido á falta de visión”.