A Cañiza honra a José María Vázquez Piñeiro, cura de Valeixe

Polos seus 40 anos de servizo nas parroquias

A Cañiza | O Alcalde Luis Piña entregoulle esta mañá un recordo conmemorativo por parte do Concello a José María Vázquez Piñeiro en recoñecemento das súas catro décadas adicado ás parroquias de Valeixe e do Couto.

Neste acto celebrado no Salón Noble de Sesións Plenarias do Concello, Don José María estivo arroupado polos párrocos de Oroso e Parada, Don Teodomiro González Ozores, polo párroco de Franqueira, Don Javier Alonso Docampo, o Párroco da Cañiza, Achas e Petán, Don Miguel Angel Castro Quinteiro e o Párroco de Luneda, Don Luis Manuel González Piñeiro.

Esta mañá compartimos con Don José María un momento entrañable no que o Alcalde, acompañado da Teniente de Alcalde, María José Rodríguez, lle entregou unha miniatura en bronce do edificio da Casa Consistorial, en agradecemento por todo o traballo desenvolvido nestes 40 anos de profesión.

Unha profesión que neste caso converteuse en vocación e dedicación plena ás parroquias do Couto e de Valeixe, polas que loitou dende o primeiro día en que oficiou Misa, o día 16 de decembro de 1984, ás 11 da mañá na Igrexa Parroquial do Couto e ás 12h na Igrexa Parroquial de Valeixe.

Nestes 40 anos, a pegada do noso homenaxeado foi moi profunda na Cañiza e en concreto nas súas parroquias, como no caso de Valeixe, coa que se volcou firmemente para a apertura do Centro médico periférico da Miñoteira, a apertura da farmacia da Miñoteira e das Salas de Velacións de Valeixe e do Couto. Ademáis foi o fundador do Coro e grupo de danzas de Santa Cristina de Valeixe.

Pero sobre todo a él lle temos que agradecer o logro de conseguir abrir a primeira Residencia de maiores do noso Municipio, a Residencia “Nosa Señora dos Remedios de Valeixe” e posteriormente o Centro Xeriátrico Santa Teresa da Cañiza, no casco urbano (entre as dúas instalacións suman máis de 160 prazas e un centenar de postos de traballo directos).

O Alcalde destacou neste acto o legado de Don José María como cañicense. Unha herdanza que con traballo, esforzo e sobre todo moita ilusión continúa facéndose cada día máis grande.

Tras a sinatura no Libro de Honra, Don José María lembrou as palabras coas que se presentou por primeira vez aos seus feligreses na parroquia de San Bartolomé do Couto, un 16 de decembro de 1984, na Misa das 11h da mañá, que recordaba con total precisión “…Buenos días. Me llamo José María Vázquez Piñeiro, me gusta celebrar la Misa con devoción y me gusta además que haya silencio para que algunos puedan rezar y los otros puedan hablar pero en el Atrio de la Iglesia…”. O Alcalde rematou este acto agradecendo a Don José María, en nome de todos os cañicenses, a enorme dedicación non solo ás súas parroquias, senon tamén a todo o Municipio, alentándoo a “continuar traballando”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.