A Cañiza | O pasado 15 de decembro a empresa Galaicontrol S.L., encargada da redacción do proxecto de construcción desta importante rúa da Cañiza, entregou no Concello da Cañiza o traballo definitivo.
Baixo o título “Humanización da rúa Antonio Facorro, dende a EP-5003 ata a N-120”.
Un traballo de asistencia técnica por un importe de adxudicación de 44.588,50€, subvencionado ao 90% pola Deputación de Pontevedra a través da Rede Ágora.
Unha axuda conseguida ao pertencer A Cañiza a Rede de Concellos Agora polo Espazo Público da Deputación, que ten por obxectivo acadar unha mobilidade máis amable e a recuperación dos espazos públicos municipais.
Esta mañá o Alcalde Luis Piña anunciou que “agora estamos traballando para conseguir fondos da Unión Europea que nos permitan afrontar os gastos da execución da obra que ascenden a 1.254.366,89€ impostos engadidos. Desagregados en 871.148,61 € de execución material, 113.249,32€, correspondentes ao 13% de gastos xerais, 52.268,92 de beneficio industrial (6%) e 217.700,04€ correspondentes ao 21% de Ive”.
Unha obra que segundo comunicou o Alcalde “terá que financiarse con fondos europeos e polo tanto executarse a medio prazo, pero o máis importante e que conta cun amplo beneplácito da/os veciña/os e da/os comerciantes”. Para captar estas axudas tamén solicitamos á Deputación asistencia técnica.
Como será a nova rúa?
Abarca unha superficie de actuación de 4.105m2, nun itinerario que conecta as zonas verdes da Praza Maior e o Parque Central.
A obra actuará sobre o mal estado dos pavimentos da calzada e das aceras que provocan incluso a entrada de augas nos baixos das edificacións. Instalación de marcas ranuradas e táctiles para mellor uso de invidentes, novos pasos peonís, mellor iluminación que ademáis se soterrará para evitar os tendidos aéreos. Novos mobiliarios urbanos e xardinería, coa colocación de grande variedade de prantas e árbores.
Segundo o proxecto de humanización a rúa contempla un carril nunha única dirección, entrando pola N-120 ou pola rúa Botica en dirección á rotonda de entronque coa estrada provincial A Cañiza- Arbo. A circulación nas rúas Novas (Rosalía de Castro, Otero Pedraio, CAstelao e Curros Enríquez), mantense sen cambios.
Na rúa quedarán zonas de carga e descarga para facilitar o servizo do comercio local e un amplo espazo peonil. Destaca a alta calidade nos materiais utilizados para o embelecemento do espazo. Un 50% da obra actuará sobre os servizos soterrados: saneamentos, rede de abastecemento de augas, pluviais e comunicacións.
Participación veciñal
O Alcalde Luis Piña mantivo durante o último ano, numerosas reunións ca/os comerciantes e veciña/os desta rúa, para explicarlle o anteproxecto, validalo, evalualo e acadar opinións e interactuar entre todos ata conseguir perfilar o mellor proxecto de humanización posible para a rúa Antonio Facorro. Reunións que no mes de decembro foron case individuais.
Desaparece o aparcamento fixo en toda a rúa. Para afrontar e calmar esta situación, o Alcalde anunciou a iniciativa nun futuro de ampliar e sobredimensionar o aparcamento das rúas Novas. A este respecto xa fixo un primeiro contacto cos propietarios das parcelas para a adquisición de máis terreo.
O Concello adheriuse á REDE ÁGORA o pasado 26 de outubro de 2020, por unanimidade do Pleno, en vista da necesidade de recuperar espazo público para os peatóns fronte aos vehículos. Neste sentido a rúa Antonio Facorro cumpría con todas as condicións posibles para poder ser obxecto da recuperación e humanización integral.
O proxecto pretende recuperar espazo para a mobilidade peoníl e a estancia social na meirande parte da superficie da rúa, que na actualidade monopoliza os vehículos (un total de 3.137 m2 que representa o 69% da superficie total de 4.525 m2). Coa nova ordeación, se recupera espazo peonil, deixando a rúa cun carril en sentido único. Se mellora a seguridade vial, a accesibilidade e se pon en valor o patrimonio arquitectónico.