A Cañiza | O Alcalde da Cañiza Luis Piña e a Directiva da Asociación de Comerciantes da Cañiza presentaron esta mañá a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como “A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal”.
O Programa consiste en sortear entre os clientes dos establecementos do municipio, que fagan compras por un importe de 20€, 3.600 €uros en vales de compra. 500€ doados pola Asociación de Comerciantes da Cañiza e 3.100 €uros aportados polo Concello.
A campaña desenvolverase durante os meses de decembro de 2023 e xaneiro de 2024. Os sorteos realizaranse os días 22 e 29 de decembro de 2023 e os días 15 e 31 de xaneiro de 2024, distribuíndo, en cada sorteo, 18 premios de 50 euros cada un, en vales de 10 euros.
Os vales poderanse empregar ata o día 29 de febreiro do 2024, nos establecementos adheridos.
O premiado deberá gastar na compra como mínimo o total do vale (10 euros). Queda prohibida a devolución monetaria do mesmo. Poderás consultar as Bases da campaña na web municipal: www.caniza.org
Así que si te animas e compras na Cañiza este Nadal, non te esquezas de solicitar os teus boletos.