A Cañiza mellora as pistas municipais

No marco do Plan Camiños de AGADER cun investimento de 112.665€

A Cañiza | O Alcalde Luis Piña percorreu os camiños de Bueixos e As Grades na parroquia das Achas, incluidos no Plan anual, acompañado dos Concelleiros do Goberno María José Rodríguez, Eva María Rivas e Rubén Muíños. Estas actuacións, que comezaron a mediados de agosto de 2024 coa mellora das pistas dos Bueixos en dous tramos importantes, desenvolvéronse en dúas anualidades, estando previsto que se acometan nesta primavera as obras de mellora da pista de As Grades.

Están enmarcadas dentro do Plan de “Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025” da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Xunta de Galicia e ten por obxectivo mellorar a capa de rodaxe e o drenaxe dos viais nunha lonxitude de 1.590 m de pista, cun investimento total de 112.655,01€. Está subvencionada con 88.755,00€ por AGADER para as 2 anualidades e tamén cunha axuda da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do «Plan + Provincia 2024», con 23.702,89€.

Unhas axudas que inclúen os costes de execución da obra, cuantificados en 105.831,22€ desagregados en 73.499,01€ de execución material da obra, 9.554,87€ do 13% de gastos xerais, 4.409,94€ do 6% de beneficio industrial e finalmente 18.367,40€ correspondentes ao 21% de Ive. A estes costes engádense os honorarios correspondentes á redacción do proxecto (3.112,37€) e os costes da dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde (2.223,12€) así como os costes de control de calidade ( 1.488,30€). Un total que ascende a 112.655,01€.

A obra foi adxudicada á mercantil Narom S.L. por un importe de 95.174,02€ e conta con todas as autorizacións sectoriais favorables, tanto do Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible do Goberno de España, ao atoparse a actuación en zona de afección da Autovía A52, como da Deputación Provincial, ao desenvolverse a actuación dentro da zona de afección da EP-5003. Tamén conta coa autorización de obra da Confederación Hidrográfica do Miño Sil debido ás obras de cruce e percorrido en zona de policía ao regato dos Bueixos e na zona de policía da marxe do regato da Ponte das Achas nas Grades.

Segundo explicou esta mañá o Alcalde Luis Piña “as melloras destes tres tramos de camiños executáronse en dúas fases. Unha primeira fase que actuou nos dous tramos do camiño de Bueixos e que se rematou en setembro de 2024 ( un 1º tramo de 607 m.l. e un 2º ramal de 620 m.l.) e unha segunda fase que se acometerá nesta pimavera, nunha franxa de 363 m.l. na pista de As Grades”. A actuación desenvólvese en 1.590 metros de viais, con anchos variables, nuns camiños que presentaban, segundo se recolle na memoria do proxecto, unha rega asfáltica na capa de rodaxe moi deteriorada ademáis de necesitar con urxencia a limpeza e ensanche das cunetas para garantir a seguridade viaria.

Os traballos das pistas dos Bueixos que comezaron o pasado verán nunha superficie de 1.227 m.l., consistiron na limpeza das marxes e ampliación de cunetas para mellorar a seguranza viaria e garantir o cruzamento de vehículos, recrecido das tapas de rexistro, mellora da drenaxe dos camiños, mellora do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico e finalmente colocación de sinales verticais de STOP e sinalización horizontal con pintura no entronque coa estrada provincial.

No caso da pista de As Grades ademáis presenta un deterioro do firme importante debido ás raices do arbolado que circunda o vial que compromete a seguridade viaria e a regularidade superficial do firme. Neste tramo eliminaranse as raices e sanearase e repararase toda a superficie antes de asfaltar. As tres pistas dan acceso a parcelas agrícolas.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.