A Cañiza | O Alcalde Luis Piña asistiu como representante do Concello á xuntanza que deu comezo coa ratificación da alta dos seis concellos que se asociaron ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no que vai de ano: Pantón, Sober, A Cañiza, Montederramo, Cangas e Tui, mentres que só Riotorto causou baixa en 2023.
Así mesmo, presentouse a memoria técnica e económica do pasado exercicio.
A orde do día incluía tamén a aprobación das Liñas Estratéxicas para o mandato 2024-2027 , o Plan de Actividades 2024, apoiando aos países do Sur Global tanto a través dos proxectos como da cooperación técnica e apoiando tamén ao programa Galicia Abriga de acollemento temporal a mulleres defensoras de Dereitos Humanos, cuxa primeira edición xa está en marcha.
Neste senso, a Asemblea pechouse coa intervención da presidenta da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, que explicou a necesidade e os obxectivos desta iniciativa.