A Cañiza | Esta fin de semana o Alcalde Luis Piña visitou o Belén de Nadal, acompañado da súa deseñadora Marta Mariño, que dende hai unha década comparte con todos os cañicenses as súas creacións, instalando as composicións en diferentes localizacións municipais.
Na Casa de Cultura, Salón de Plenos, oficinas xerais do Concello e este ano no Centro Social de Día, na Praza de Oriente.
Aquí, en horario de tarde, podedes achegarvos para gozar dunha entrañable composición de Marta Mariño, na que, como xa é tradición nesta xoven deseñadora, atopamos novas creacións adaptadas aos acontecementos que marcan a nosa actualidade, como un guiño de solidariedade con todos eles. Neste caso coa Dana de Valencia.
Un ano máis o Alcalde Luis Piña, en nome de todo/as o/as cañicenses, felicitou a Marta pola súa creatividade e lle agradeceu o esforzo e o traballo invertido para a posta en escea desta pequena gran composición de Nadal.
Grazas por compartilo con todos os cañicenses!.
O Belén poderase visitar no Centro de Día da Praza de Oriente, ata despois da festividade de Reis, en horario de 14.30h a 21.00h, de luns a domingos, a excepción do día 1 de xaneiro de 2025, data na que o Centro permanecerá pechado.