A Cañiza | O Concello da Cañiza ordenou a ocupación dos terreos do asentamento fortificado na citania castrexa das Grades, pasando a titularidade municipal un terreo forestal de 113.446 m2.
O espazo está dividido en 43 parcelas e que lle costou ao Concello un total de 158.365,92€. Cantidade dispoñible grazas á sinatura dun préstamo.
Os terreos abarcan 11,3 hectáreas de Cidade chegando ata as fronteiras naturais que neste caso é o cauce do río.
Segundo manifestou o Alcalde esta mañá “o proceso expropiatorio que se iniciou en decembro do ano 2022 tivo que salvar moitas dificultades, debido a que os títulos de propiedade de moitas parcelas todavía estaban rexistradas a nome de antepasados. Este foi un dos motivos polo que o Concello decidiu iniciar a expropiación, para acelerar os trámites de cambio de titularidade a favor do Concello, por ser o mecanismo máis axeitado e rápido para desatascar a actuación”.
Tras a sinatura das actas de recepción dos terreos de hoxe, o Concello inicia os traballos de recuperación desta gran fortificación castrexa que suporá para A Cañiza sacar á luz un importante e senlleiro patrimonio cultural, rexenerar ambientalmente a contorna e engadir un novo activo á oferta turística do Concello e mesmo da Comarca, con capacidade para atraer visitantes e turistas e reactivar a economía local.
Para o Alcalde Luis Piña a “Recuperación dos Castros da Cidade de Achas e A Cerquiña é unha das actuacións máis importantes deste mandato. Un compromiso adquirido cando tomei posesión como Alcalde, que agora, despois de case 2 anos de tramitación, da os seus frutos”.
Continúa manifestando o Alcalde “é unha honra poder sacar adiante este proxecto histórico, cultural e patrimonial que estivo encima da Mesa das distintas Alcaldías durante anos, pero que é agora cando se vai desenvolver”.
Proxecto de recuperación dos castros Cidade de Achas e A Cerquiña
Trátase de 2 asentamentos fortificados, o Grande Castro da Cidade das Achas e o Castro da Cerquiña que destacan polo seu imponente sistema defensivo, dotado de grandes parapetos e murallas, como se recolle en varias memorias e anteproxectos que o Concello da Cañiza xa ten ao seu dispor .
Unhas actuacións que teñen por obxecto documentar os restos arqueolóxicos existentes no castro da Cidade e divulgalos entre os veciños mediante charlas, visitas e obradoiros, fornecendo un recurso patrimonial e turístico, visitable no noso Concello.
Esta actuación contempla tamén a creación dunha imaxe e nome para o proxecto de divulgación arqueolóxica, cun logo exclusivo e forte presencia nas redes sociais e prensa.
Inclúe charlas divulgativas previas á intervención, co obxectivo de concienciar aos veciños e implicalos no proxecto.
O desbroce do xacemento e corta de especies arbóreas, principalmente eucaliptos, que non permiten contemplar o tamaño e grande dimensión do xacemento.
E por último unha importante intervención arqueolóxica co obxectivo de cubrir un mínimo de 8 sondaxes de 2×2 metros polos puntos de maior potencialidade arqueolóxica.
Co obxectivo de constatar restos arqueolóxicos, a intervención estará aberta ao público e divulgada mediante visitas puntuais.
A recuperación das Citanias permitirá completar e mellorar a oferta turística
Será unha intervención de gran valor para o turismo non so da Cañiza senon tamén da comarca que axudará a fortalecer a cohesión territorial da zona da Paradanta e por suposto axudará A Cañiza a mellorar a súa competitividade turística.
Ademáis esta actuación axudará a poñer freo á pérdida da biodiversidade xa que o estado de abandono no que se atopa e a falta de uso das parcelas propiciou a ocupación da superficie por especies invasoras, danando a biodiversidade autóctona deste paraxe.
Con esta actuación conseguiremos recuperar a memoria da nosa orixe como Comunidade e os inicios da nosa cultura e Pobo e poñelos en valor a través da divulgación e visitas turísticas que tamén axudarán a crear riqueza impulsando a economía.