A Cañiza reforma os xardíns do centro urbano

Nas rúas Progreso e Castelao, na Praza de Arbo e nas Rotondas do Cruceiro e do Xamón

A Cañiza | O Alcalde Luís Piña e o xefe de obra da empresa adxudicataria VIVEIROS ADOA, S.L., Carlos A. Rodríguez Vila, supervisaron os novos deseños nos xardíns municipais das rúas Progreso e Castelao, Praza de Arbo e as rotondas da rúa Vilanova.

Esta actuación foi adxudicada o pasado mes de agosto por un importe de 28.311,58€, impostos incluídos e subvencionada polo Plan Concellos 2023 do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra. O Concello asumiu os costes de honorarios de redacción do proxecto (847,00€) e a dirección de obra e coordinación de seguridade e Saúde ( outros 635,25).

Na ponte de “Todos os Santos” o centro urbano da Cañiza estreou a obra de mellora e acondicionamento das rúas Progreso e Castelao, Praza de Arbo e das rotondas do Xamón e do Cruceiro, ambas na rúa Vilanova que lucen 1255 novas prantas de distintas especies ao lado doutros arbustos que poideron ser replantados .

Unha obra que tiña como obxectivo mellorar esteticamente estes espazos, mellorar a súa habitabilidade e a sostenibilidade das zonas.

A obra consistiu nun replanteo das zonas de plantación, sustituindo a herba existente por 19,25 m2 de mantillo de baixo consumo. Retirada das especies que estaban en bo estado para volver a replantalas. Aproveitamento dos sistemas de rego antigo que foron potenciados, mellorados e ampliados para garantir o mantemento das zonas axardinadas e sectorización do sistema de rego por goteo para aproveitar mellor o sistema e minimizar o gasto de auga.

O máis importante foi a dotación dun total de 1255 prantas novas distribuidas entre:

Rúa Progreso: acondicionouse coa plantación de 522 especies.
Nestes xardíns, ademais da instalación de 327 m de mangueira de goteo de 16mm para mellorar o sistema de rego, plantáronse 5 oleas, 13 cupresus de 2.5 m de alto, 500 vivaces 2lts., 4 buxus faulkner e 9 m2 de mantillo

Rúa Castelao: renovación con 153 plantas.
3 vétula copa 18/20, 150 vivaces, 5 m2 de jabre, 4 m2 de mantillo e 150 m de mangueira de rega.

Praza de Arbo: 390 novas plantas.
200 Vivaces, 175 helecho fondo, 7 ciathea cooperi e 8 strelitzia regina, 6 unidades de mangueira de rego e 5 unidades de mantillo orgánico.

Rotonda do Cruceiro: mellora con 107 plantas, 30 m de mangueira de goteo e 1 m3 de mantillo.

Rotonda do Xamón: 83 pequenas plantas.75 vivaces, 8 buxis, 10 m de mangueira de goteo e 0.25 m2 de mantillo.