A Cañiza | O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá que o parque móvil municipal dispón xa dun cuarto brazo desbrozador para o mantemento dos viais e camiños públicos. Un brazo máis pequeno, menos pesado e máis manexable pero con igual capacidade de actuación para a limpeza de cunetas xa que se adapta mellor ás dimensións dos nosos viais.
Este novo elemento desbrozador ven a reforzar o servizo de mantemento de viais municipais considerando que A Cañiza conta cun territorio cunha grande dispersión xeográfica e un elevado número de pistas e camiños públicos que hai que manter en óptimas condicións.
Por iso esta nova máquina ven a ser imprescindible para a execución dos traballos de limpeza e mantemento que unha vez ao ano é preciso realizar en todos estos viais. A súa operatividade será de gran valor sobre todo nas pistas máis estreitas.